Zerovacas propuxo a pasada semana unha operación de rescate dos Galenecos, como sabedes, referentes simbólicos deste blogue. Antón Fraguas quere unirse ao movemento de liberación destes curriños personaxes de peluxe.
Este é o plan:
1. Constituír a Fronte de Liberación do Galenecos (FLG). Deberiamos deseñar un logo, nomes en clave, e unha fronte política.
2. Mercar cordas, un [...]
Entries from Xaneiro 2007
31 Xaneiro, 2007
PLAN PARA LIBERAR OS GALENECOS
30 Xaneiro, 2007
Sociedade Deportiva Goberno Bipartito
Por Frouxeira
Disque o estado español é o país dos corenta millóns de seleccionadores de furnbo. E os nosos benqueridos políticos galegos deben ter complexo de furnbolistas frustraos, a xulgar polo gusto que lle teñen ás alegorías deportivas. Feijoo, na resaca do estatuto, soltaba algo así como…
“Na miña opinión… estamos no descanso do partido… e se [...]
29 Xaneiro, 2007
Conspiranoia
por Viriato
Atención. Este texto desvela un dos segredos mellor gardados da Administración Mundial. Divúlgueno baixo a súa propia responsabilidade.
Nestas terras son habituais os chistes e as bufonadas sobre a excepcional capacidade dos ourensanos para aprobar concursos-oposición, así como para atopar buratos legais nas convocatorias públicas. Algo de certo hai, como en todas as [...]
26 Xaneiro, 2007
O presidente e a reconversión
por Medulio
Entre as múltiples finalidades de Galpón de Breogán tamén está a social. Cumprimos unha misión, aínda que non nos sentimos elixidos. Podería facela calquera outro, pero estamos moi orgullosos de poder botarlle unha man ás forzas vivas galegas para facer deste un país mellor, con ou sen estrela na bandeira, con ou sen [...]
25 Xaneiro, 2007
Os beneficios do Estatuto
Polo Parvo de Cela
Por se tíñades dúbidas de para que sirve o estatuto e se paga a pena tanto balbordo:
Co novo estatuto haberá máis transferencias.
Co novo estatuto haberá máis autogoberno.
Co novo estatuto máis riqueza e emprego.
Co novo estatuto tomará forma unha sociedade máis xusta e igualitaria.
Co novo estatuto haberá mellor viño nas romerías e servirao [...]
24 Xaneiro, 2007
APARTAMENTO PARA TRES
Por Antón Fraguas
…estiveran pechados durante seis horas e media. Sen comer; “sólo les traían café”, laiouse unha das colaboradoras de Feijoo. Nas restantes estancias, os asesores do bipartito: Losada polo BNG, e os socialistas Guinarte, Leiceaga e Salgado, xogaban ao tute. O PP non levou asesores, quizais porque coñecía por anticipado cal ía ser [...]
23 Xaneiro, 2007
Nin Nación nin Farrapo de Gaita
por Frouxeira
Seis horas pechados sen xantar para resolver o culebrón da tempada. E non houbo xeito. Galiza non será Nación, nin Farrapo de Gaita, nin Gran Carallo de Sal, nin Capital da Cristiandade Xacobea, nin Chintófano Nacional, nin Nazón de Breogán, (nin Galpón), nin Muller / Metáfora do Mundo / Vou chamar por teléfono.
Alguén dá [...]
22 Xaneiro, 2007
Sempre nos quedará 1981
por Viriato
Nalgún momento da semana pasada, un húmido día de xaneiro en Monte Pío-Pío. Tres homes, tres amados líderes políticos, tres adalides da galeguidade, teñen unha cita por motivos non sexuais.
T.- Ola Quin, ola Berto. Benvidos á miña humilde morada.
Q.- Ola Milio, ¿que tal a muller?
T.- Uns días mellor e outros peor.
F.- Ola ós [...]
19 Xaneiro, 2007
Quo vadis, Pescanova?
por Medulio
Resulta que a maior preocupación dos últimos días entre a clase política galega céntrase na fuxida de Pescanova. A multinacional liderada por Rodolfo Langostino, despechada polo non da Xunta ao megaproxecto de granxa acuícola en Touriñán, pasou á acción a través do discurso de «Vámonos pa otro lao Manolo, que aquí no nos quieren…». [...]
18 Xaneiro, 2007
Pornografía
por Parvo de Cela
A sorpresa do semidesnudo de Ana María Ríos centrou a atención de todos os cafés de mediamañá do traballo na Semana I postnadal. A perruqueira de Arcade loitou pola atención informativa cun grupo de rodaballos, evitou que o telexornal abrise advertíndonos de que imos mercar un xersei nas rebaixas e soterrou [...]