Polo Parvo de Cela
O periódico de todos os galegos que residen na Coruña infórmanos de que o periódico de todos os políticos galegos fóra da oposición vén de facer público o concurso para a roupa de traballo dos coidadores e os mandilóns para os alumnos das Galescolas. Noraboa aos responsables de prensa de Vicepresidencia.
Galpón, non podía ser doutro xeito, dá ideas. Tendo en conta que os deseños deberán ter as seguintes características:
-Funcionalidade e liberdade de movementos.
-Resistencia á tracción, abrasión, extensión, rozamento e sucidade.
-Fácil mantemento (solidez da cor, lavado, pasada de ferro, etc.).
E que se valorará :
-Coherencia do traballo coa finalidade perseguida e coa imaxe de marca das Galescolas.
-Innovación e creatividade.
-Estética.
-Funcionalidade.
-Viabilidade e simplicidade na confección.
A miña humilde proposta é un desnudo integral dos nenos e nenas galegas.
Sen dúbida a que máis requisitos cumpre salvo o de innovación e creatividade, porque xa todo está moi visto: Funcionalidade, fácil mantemento, simplicidade na confección… Dado o fermoso e tentador corpo dos nenos e nenas galegos a condición estética cúmprese de sobra. Habería que ver onde se metería o logo da Galescola. A miña proposta é enxebre: marcar aos nenos coma reses para que, de paso, non olviden nunca o que aprenderon na escola.
Vantaxes: Baixo custe, xeración de sinerxias económicas a través da cultura nudista e da industria pederasta internacional, o espido tornaríase un rasgo de identidade cultural que faría evidente a nosa miseria (”non temos nin que poñer”), unha sociedade máis transparente e dado que, por algunha razón que se me escapa, todo o mundo que quere protestar por algo se pon en pelotas, dexiaríamos de ser un pobo choromicas para ser espíritos contestarios.
Desvantaxes: Alto consumo en calefación e tal como vai o petróleo…
Por estas razóns pido o nudismo para o meu pobo.
Outras opcións
- Marcial: Se, de acordo co xornal otomano anteriormente mencionado, o obxectivo de Quin é crear unha raza de supergalegos e supergalegas para exterminar aos xa doentes españois que conviven entre nós e, a longo prazo, conquistar o mundo, deben de afacerse á disciplina militar cuns bos uniformes.
- Tradicionalista: Por que un Lord escocés pode levar unha saia sen calzóns sen parecer un pailán e un cativo galego non pode aprender a contar ata 10 disfrazado de Asterix?
- (Só para ourensáns) Funcionario: Por suposto é unha idea do CEFOU.
- Profesión mal considerada noutro lugar: Cómpre preparar ás sementes de gloria da nosa terra para o seu futuro nas Canarias, Baleares, Londres, Cataluña ou Madrid. O uniforme do DIA serviría ademais para repeler pedófilos.
- Bipartidista: Os rapaces compartirían o mandilón durante a clase e logo irían medioespidos/mediovestidos (asejún o gusto do observador) á súa casa a falar mal do compañeiro. Pode favorecer a unión e a solidaridade pero tamén o asasinato e a traición.
6 Comentarios
1 Febreiro, 2007 en 11:17
Por suposto, e tendo en conta o gran futuro e influencia crecente acadada polos funcionarios ourensáns, eu voto pola idea do CEFOU…
Así todos os nenos e nenas galegos poderían optar ás vantaxes vedadas ata o de agora aos de pura raza ourensá. Que non se diga que o CEFOU non apoia aos pobriños galegos con mar…
1 Febreiro, 2007 en 13:16
Eu apostaría pola sempre puxante moda galega e suxeriría que fosen as cabezas pensantes do fashionismo patrio as que recibisen a encomenda de uniformar aos nosos cativos. Que mellor ca un mandilón de Adolfo Domínguez, que xa irá enrugado de por si (liña U-baby, por suposto)? As novas xeracións merecen creacións exclusivas de Verino, Antonio Pernas ou Kina Fernández. Parafraseando a Helen Lovejoy, “É que ninguén vai pensar nos nenos?”
1 Febreiro, 2007 en 15:05
O bo do nudismo é que fomentaría a igualdade entre nenos e nenas…
Claro que… ben pensado… evidenciaría certas diferenzas…
Unha liña funcionaria, versión CEFOU, podería ser a fin deste organismo. Nada peor que evidenciar as súas actividades para gañarse inimigos. Non, a técnica do CEFOU é permanecer oculto
Outra cousa é que o CEFOU lle encargue a Adolfo Domínguez ou Roberto Verino (ourensáns ambos, lembrai) que deseñen o uniforme. Así podería impoñer a súa vontade coa escusa do moderneo, e as nais pijas estarían encantadas de levar aos seus fillos monísimos á galescola.
Tende sempre en conta que baixo o mal se agocha sempre baixo un traxe de seda…
1 Febreiro, 2007 en 17:56
Apoio o de U-baby. E non fagades coñas co da U.
2 Febreiro, 2007 en 0:39
A U? Logo vai ser a UPG quen vista ao gale-nenos? Mimá… Arriade as velas, compañeiros!
13 Abril, 2007 en 12:10
La verdad es que “Quin” lo tiene todo previsto. Para lanzar cuanto antes las “Galescolas lanzara una OPA sobre Academia Postal financiada por ” O Rey das Pitas” (COREN)
Segun parece le van a anglosajonizar el nombre: “Gale Brain Laundry” y una de las asignaturas troncales sera “Manejo de hormigonera”