15 Febreiro, 2007...8:13

Por unha industria pornográfica galega

Saltar a Comentarios

Polo Parvo de Cela

Despois de que Pérez Varela, quizais o máis corrupto dos políticos galegos de sempre, tentase promover o audiovisual para o seu beneficio propio xurdiron unhas cantas producións de éxito coma Ilegal ou a triloxía dogma de Juan Pinzás. Sen embargo, por algunha razón, estes filmes non acadaron o éxito e fracasaron na súa misión encuberta de colonizar cultural ao inimigo hispano-luso-turco.

Só acadaron o éxito algunhas coproducións co inimigo eterno, véxase Mar adentro, pero as historias propias non atraeron ao público a pesar do fascinante da nosa existencia na terra da auga e o lume. Cómpre preguntarse o por que. Ao final a vida resúmese nunha cuestión de xéneros. O thriller social, a comedia gafapasta, a historia de amor infantil e outra fórmulas manidas non se axeitan á dureza da vida e do carácter galego. Sen embargo o cine erótico para adultos dada a robustez dos galegos e a xenerosidade de formas das nosas compatriotas podería resultar nunha lucrativa industria de gran influenza cultural internacional.

O pouco enxeño dos nosos guionistas e escritores veríase compensado coa fascinante realidade paralela creada polos partidos políticos galegos. Como patriota irritante non podo resistirme a facer unha humilde proposta:

Lume no palleiro: Un retén de apostos bombeiros debe acabar coa vaga de lumes que asola unha remota zona gobernada por unha alcaldesa do Partido Popular. Os apagalumes descobren con estrema satisfación que os palleiros arden pola paixón das súas voluptuosas donas que eles tentan apagar. O clímax do film prodúcese cando a alcaldesa popular, unha turbadora pornostar loira como Corina, retén a Motobombasexual, o único supertrebello sexual capaz de apaciguar a tanta femia galaica, e é o propio Conselleiro de Medio Rural o que convence virilmente á alcaldesa de que comparta os seus saborosos recursos e os aplique de xeito pracenteiro para todos.

9 Comentarios

  • NONSOLUMSEDETIAM

    Eu suxiro que olliños Feijoó teña un papel relevante nese filme erótico, só cunha mangueira e os náuticos…

  • Exiliadoesquencido

    E tamén temos versión sadomasoquista. Xa vexo o título “Cuíños bi-partidos”.

    Tamén dan xogo guións máis fetish ou hardcore, como “Ameixa negra na praia”.

  • Ei, xa existe porno en galego!

  • Xa vexo a algunha consellería (ou vicepresidencia) montar un concurso para elexir a futura estrela porno galega e o seu nome artístico.
    Dende aquí xa propoño “Xan das Bolas Grandes”.

  • Mmmm…
    ¿Como é que ninguén mencionou aínda a Ana María Ríos? ¿Estamos a perder facultades?

  • [...] Hoxe desde o estupendo blogue Galpón de Breogán fan unha proposta semellante ainda que non exactamente igual, eles non propoñen porno en galego ainda que sexa traducido, eles queren sóproducto autóctono e falan de unha industria pornográfica galega. [...]

  • Algúns títulos para a primeira colección de xenuino porno galego:
    -O carallo do carpinteiro trincoume baixo un bidueiro
    -A Tucho gústanlle como os grelos: frescos, sabrosos e sen pelos
    -Se Josiño non apaña, pasa pola pedra á Santa Compaña
    -Falando de Castelao, acabamos dándolle no fallao
    -Manoli a do segundo, tiña unha perrecha como un mundo
    …Acéptanse novas suxerencias…

  • Black Devil Doll from Hell

    El sencillo argumento de la película se puede condensar en las escasas líneas que siguen a continuación. Una mujer beata hasta la médula compra un muñeco en una tienda bajo la advertencia de que tiene el poder de otorgar el deseo oculto de sus dueños para más tarde volver al escaparate de donde salió. Como el anhelo inconfesable de la susodicha es darse un revolcón a toda costa (aunque sea con un amasijo de cartón barnizado), el muñeco cobra vida y la fuerza sexualmente. Esta experiencia aparentemente anodina ejerce un influjo decisivo sobre su vida y la ex-mojigata se dedica a fornicar con extraños para aplacar sus ardores. Es inútil. Una vez que se ha probado el dulce amor de un muñeco amorfo no existe pene de carne “y hueso” que valga. La única solución es acudir a la tienda para volver a comprarlo y suplicarle un poco de sexo. No obstante, el muñeco no está muy por la labor y ante la continua insistencia de la mujer decide freirla hasta la muerte con sus poderes mentales. FIN.

    Si bien el guión no presume de ningún tipo de alarde literario, constituye un prodigio de calidad y savoir faire frente al resto de elementos de la película.

    o discreto encanto dos argumentos porno

    había un camarero que cando empezamos niso de facer? cine nos propoñía este título cun arrecendo a western moi salado
    dicía en castelán
    “La mujer desnuda en el valle de los empalmados.”

    resulta curioso como case todo, o case é importante, é susceptible de ser título. propoño algún de galpornopolitik

    “Monte Pío. Monte Gaiás” “Touriño e a quinta Ana” unha mitolóxica “Minotauro e as vacas tolas” “Mar i ano” “Pesca nova e Touriñán” “Está tutto xa?” “Ereccións municipais”"Follas novas”…

    o demo, cando non ten que facer, co rabo mata moscas

  • Isaac ben de Alongos

    Productor: Anton Reixa; Artista multi medios (de pago)


Deixa un comentario