19 Febreiro, 2007...8:30

Ugío Caamanho, o home dos ‘apaños’

Saltar a Comentarios

por Viriato

 

Escena 0. Dous días antes do día da Patria Autonómica, 2005.
Ugío Caamanho, patriota galego, sae da súa casa en Santiago DC, disfrazado cunha perruca na cabeza e un petate que fai un forte ruido mecánico (tic-tac, tic-tac, aproximadamente). Inmediatamente, van tras del dous tipos con gabardina, chapeus de ala ancha e gafas de sol. Un deles quita unha lupa do peto e comeza a seguir as pegadas que deixa o protagonista, a pouco menos de cinco centímetros das súas costas. O outro vai detrás, camiñando esaxeradamente sobre as puntas dos pés.

 

De ahí a un pouco, Ugío chega á Praza de Galicia, métese nun caixeiro de Caixa Ídem e deixa o petate. Comeza a cantar A Foliada das Encrobas, mentres os tipos das gabardinas saltan sobre el, danlle unha malleira e lévano preso.

 

Escena 1. Día de Reis, 2007.
Ugío Caamanho está nunha cela da penitenciaría de Cáceres. Entretense lanzando unha pelota de pingpong contra a parede e recolléndoa cando rebota. Chega un garda cun paquete de papel de xornal baixo o brazo, no que destaca un titular a cinco columnas: O alcalde de Toques, sorprendido na cama cunha ovella. “Esta é maior de idade”, declara.

 

Amadeo Sofisma (o garda).- Toma, xaval. Tus amigos esos del Bar Cei te mandan un regalo.
U.C.- Dise ‘Ceivar’, PORCOSSSPAÑOLISTA. ¡Dame!
A. S.- Aquí pone que es un bocata grelos, pero pesa un güebo.
U.C.- Iso é porque é auténtico pan de brona e está cheo de nutrintes, MISERABLE OPRESOR.
A.S.- Si vale, lo que tú digas, chalao.

 

O patriota desenvolve o bocadillo e pégalle un bo mordisco. Acto seguido, berra de dor e cuspe tres dos seus oito incisivos. Unha enorme lima para metais sobresae agora do bolo de brona.

 

Escena 2. Día antes do día dos Namorados, 2007.
Ugío Caamaño traballa no seu taller de costura para a reinserción. Presa dun furor estajanovista sen igual, dalle pespunte a unha saba con pequenos Monchos Reboiras bordados. O profesor-vixilante achégaselle.

 

Genaro Dobladillo (profesor).- Ujío, hijo, es el noveno juego de sábanas que haces esta semana ¿Se puede saber para qué quieres tantas?

U.C.- Som para mandar-lhe á familia, VERME COLONIAL, na Galiza vai frío e temos que tapar-nos bem pela noite, non coma neste deserto ENCHIDO DE COCHOS.

G.D.- ¿Sabe el médico que has dejado de tomar las pastillas, Ujío, hijo?

 

Escena 3. Noite do Día dos Namorados. 2007.
Ugío Caamanho monologa na súa cela mentres lima os barrotes da fiestra.

U.C.- ¡BWA-HA-HA!¡Treme SSSPAÑA! ¡Ugío Caamanho cedo ha ser ceive para continuar a luita pela independéncia da Galiza e a nacionalizaçom da pornográfia!

 

Os barrotes ceden. O patriota colócaos no chan e guinda pola xanela unha corda feita con sabas anudadas. Os pequenos Monchos Reboiras parecen sorir baixo a luz da única bombilla de 20w. Ugío descólgase con pericia e bota a correr.

 

U.C. (falando entre dentes)- Ja está feito. Cun temerario chimpo ninja, serei quen de superar o muro exterior sen advertire ós gardas. ¡CASE PODO CHEIRAR O AR DA MINHA PATRIA!

 

Efectivamente, chimpa e supera o muro sen problemas, berrando: “¡Ceive, ceive!”. O problema é que aterriza sobre o superintendente da prisión, que estaba no patio a botar un pitillo, agora que a lei lle prohíbe fumar no despacho.

 

Superintentende Vicente.- ¡Socorro, socorro! ¡Violación!
U.C.- ¿Ein? Mais iste é o patio dos gardas ¡PELA MOMIA DE CASTELAO! Limei a janela que nom era…

 

Chegan un montón de honrados funcionarios e danlle unha paliza a Ugío. O patriota terá tres meses de illamento para planear ben a súa próxima fuga. Fontes próximas aseguran que podería empregar unha frauta de faquir para poñer tesa unha corda. Como medida preventiva, as autoridades do penal cacereño retiraron da biblioteca este libro, non sexa que máis presos vaian coller ideas.

16 Comentarios

  • Sublime, non podo dicir máis. Noraboa.

  • Vésevos o plumeiro, vos o que queredes é encher o blog de comentarios como naquela entrada de Chuza!. No fondo non sodes máis ca uns represores prosssspañolistas!

    PostMortem: É bo ver que hai xente que comeza o luns con bo humor…

  • eso pásalle por non reprimirse

  • Suxiro que a evasion chegue tras un partido entre a seleccion galega e un equipo de funcionarios de institucións penitenciarias…

  • Escacho ca risa. ¡PELA MOMIA DE CASTELAO!

  • Graaaandeeeees!
    Como estam os ânimos estes dias mirade baixo o galpom antes de mandar mais mensagem… que a gente está dum heroica-revolucionária…

    E fazedes vós mais por Galiza que todos os petardos (desses petardos) .

    Umha aperta!

  • Aínda me rin un anaco grande, gustáronme as declaracións do alcalde de Toques máis a redención de condena do Ugío o día antes dos namorados nese deserto enchido de cochos.
    A miña noraboa!!

  • Vaia, sete comentarios e aínda ningún troll.
    Graciñas polos vosos inmerecidos peloteos, e ghanito pola chuzada! que nos permitirá pagarnos unha noite de troula co que saquemos do AdSense… cando nos decidamos a poñelo, que será un día destes. ;)

  • nom lhe vejo a gracia, parece-me patético todo isto nom tes máis temas pra ponher na tua merda de blog que o de putear a Ugio?

  • de puta madre mews!! hai ke rirse de todo nom so dos demais
    e os ke nom lhes guste ke cambien de notisia

  • desde moçambique

    Só podo dicir “patrão é patrão”. Eres o xefe. Aquí terías moitas ideas, unha inspiración para a tua obra poderia ser a propaganda institucional mellor feita do mundo pseudo democrático: todo moçambique canta e baila ao son de “Patrão é patrão, abre a porta para entrar, Vota Guebuza (presidente da república), ele é patrão…” e despois van dicindo todas as provincias como “Em Nampula, ele é patrão, em Niassa, ele é patrão…”
    Dicirme galponeiros se non é boa idea coller a figura do colonialismo portugués do patrón, que ainda está moi presente; a de xefe de tribo; e explicarllas a un dj de exito. Pois sona na radio unhas 20 veces ao dia , ademais da publicidade de todos os nenos a cantar polas ruas e nas discotecas, vodas,…
    POr suposto non falta a versión da oposición que di: Vota Guebuza ele é ladrão, abre a cela para entrar…
    Pero ao final a mensaxe é a mesma, vótao, porque ladrão ou non é patrão.

  • Podemos descargar do e-mule iso de patrao é patrao antes de que se enteren os gafapásticos roqueluseros?

  • xan das canicas

    biban os esjrebios debanseiros

  • Isaac ben de Alongos

    Que no tome cola cao. Lo van a suicidar como a Andreas Baader¡

  • Pois o Ugio para min non é un independentista, nin nacionnalista, nin nada de aquelo que se poida reacionar coa luita pola identidade galega. Para min só é un asasino máis, un individuo que se ten que pudrir uns anos no cárcere lexos de convertirse un puto mártir pra outro que veñan detrás.
    Non me creo nada do que di que lle dan palizas e que o torturan, seguro que vive de puta madre coma o resto de presos, cousa que tamén me parece inxusta… para min ai moito monte en galicia que estes cabróns poderían limpar pa gañarse os meses de paro que lles dan o saír da prisión.


Deixa un comentario