Por Antón Fraguas
Galpón de Breogán é consciente da súa función social de socorro ao aldraxado, de defensa do débil, de voceiro dos sen voz. Por esta razón convoca un concurso de ideas para liberar a Ugio Caamanho, preso político e showman, que o pasado mércores tentou fuxir do cárcere de Cáceres, usando as súas sabas para descolgarse pola fiestra. Estas son as primeiras ideas chegadas á nosa redacción:
- Abrir unha conta bancaria (en Caixa Galicia, por suposto) para facer unha colecta popular para mercar máis sabas. A próxima vez seguro que lle sae mellor. E, en todo caso, cando menos non terá que durmir ao raso.
- Concertar unha entrevista en directo dende a prisión, gravada pola TVG. O máis conveniente é que o entrevistador sexa X.M. Piñeiro, dado o gran parecido físico con Ugio. Na cela trocarían os papeis e Ugio regresaría, ceibo, a Galicia. Porén, durante uns meses tería que presentar “Acompáñenos”, para non espertar sospeitas.
- Introducir no cárcere a José Manuel Barros, ex alcalde de Porriño, cun mapa da prisión tatuado no seu corpo, e de paso o mapa da provincia de Cáceres, e unhas indicacións cos mellores restaurantes de carretera da Vía da Prata.
- Bombardear a prisión cacereña con “Cada día máis linda, máis linda, cada día mellor e mellor”, de Pimpinela, até que nos entreguen a Ugio.
- Aproveitando as obras da Cidade da Cultura, abrir un túnel subterráneo até a cela de Ugio.
- Pedirlle a Ana María Ríos, auténtica musa e madriña de todos os galegos, que convenza ao alcaide da prisión para que libere a Ugio.
- Convencer a Edilberto Alonso para que compoña unha canción dedicada a Ugio. Algo como “Ugio Caamanho/ quere fuxir da prisión/ Ugio Caamanho/ ve moita televisión/ Ugio Caamanho/ bota de menos o caldo/ ai o pobre Ugio/ só come xamón”.
…
O concurso queda aberto. Galpón de Breogán comprométese a levar adiante a mellor idea, a través da súa fronte armada, a FLG(eU): Fronte de Liberación dos Galenecos (e Ugio).
31 Comentarios
21 Febreiro, 2007 en 12:25
Home, eu votaría por un método clásico. Pasámoslle unha culler de aceiro inoxidable nun descoido dos gardas e agardamos 40 anos a que cave un túnel.
Por certo, aquí falan de nós. Síntome honrado.
21 Febreiro, 2007 en 12:38
Xa sabedes, sodes uns “traidores irlandeses colavoracionistas dos servicios secretos britanicos” (na ligazón que insire viriato)
21 Febreiro, 2007 en 13:00
Subir un chanzo a espectacularidade da fuga. Secuestramos ao renegado Suárez Canal e obrigamolo a desvíar un helicóptero contra incendios cara a prissom de Caceres. Descargha a augha sobre os funcionarios para enfeblecelos, intre que aproveita o Ugio para dun chimpo introduzirsse no caldeiro portaugha do licóptero. Posteriormente o fugado é depositado nun lugar segredo dende o que reinicia o seu combate.
21 Febreiro, 2007 en 13:38
Gústame o do helicóptero.
O que tamén se podería facer sería convidar a Cuchús Pimentel a que ofrecese un concerto de música galega no cárcere, en homenaxe a Ugio. E nun momento de despiste, entre “nazoin de breogaaaain” e “nazoin de breogaaaain”, organizar a fuga
21 Febreiro, 2007 en 13:42
O de Ugío é de coña. Moi ben elixido o tema, Galpón, digo, españolistas contrarrevolucionarios. Hai cada un solto por aí, que o único que habería que dicirlle é “si, home, si”.
21 Febreiro, 2007 en 22:41
(a parte do parecido da Ana María Ríos e da esposa/stripper de Europa do leste do Scofield de Prision Break, ou pode que sexa a febre… maldita gripe)
Se lle damos unha culler para que se pase vinte anos cabando un tunel non estría de mais amaña-lo asunto para que o seu compañeiro de cela fose un vello miliciano retirado (antigo guerrilleiro/fuxido/maquis/lexionario renegado?) que lle servise de mestre e darlle un mapa onde se amose onde estan gardados os cartos de Paco el Pocero ou algo semellante…
22 Febreiro, 2007 en 0:52
xa estou a tatuarme o mapa da prision.. proximamente mais xd
22 Febreiro, 2007 en 4:03
menuda falta de respeto para o companheiro Ugio havia que ver-vos a vos sequestrados numha cadeia espanhola longe do teu Pais e da tua gente a ver que fazia-des
LIBERDADE PATRIOTAS GALEGOS
22 Febreiro, 2007 en 9:13
apoio a de bombardear a prisión ca canción de pimpinela seguida de xirarei de xil rios e máis o xuntos do juan pardo
cóctel explosivo!!!!
22 Febreiro, 2007 en 10:17
desde logo todo é susceptíbel de facer coñas, pero o máis doado é facer humor a costa dalguén que non pode responder ao teu enxeño e a túa agudeza porque está na cadea. Que si ho, que sodes moi simpáticos e estades moi de volta de todo, a verdade que si…
22 Febreiro, 2007 en 11:40
¡Vaia! Fran, Gzlivre, tedes toda a razón. Nunca caera niso… Pido desculpas públicamente polas miñas ofensas ¡Que trabucado estaba! Dende agora xuro pola momia de Castelao que vou cambiar e vou tentar facer de Galiza un lugar mellor…
Mañá mesmo comezo a mirar en internet como fabricar artefactos explosivos.
22 Febreiro, 2007 en 11:52
Agora que estamos em Entroido podiamos preparar umhas filhoas serografiadas co plano da prisom de Cáceres.
22 Febreiro, 2007 en 12:43
E como que non pode responder o tal aludido?
Non hai internet aló? E non tiña un blog?
Da igual…
22 Febreiro, 2007 en 13:51
Viriato, nunca é tarde para caer da burra.
Alégrome de que por fin vexas a luz e te redimas do teu pasado bufoneiro. Para axudarche na túa misión, mañán mesmo che mando por Seur dous kilos de ácido bórido
22 Febreiro, 2007 en 18:17
O de Ugío é mellor tomalo a cachondeo. Nin tan sequera é capaz de fuxir como Dios manda. Ai, rapaciño! Se temos postas en ti as esperanzas de liberar a patria, pouco futuro ten o tema…
22 Febreiro, 2007 en 22:47
Subnormais
23 Febreiro, 2007 en 1:34
Que palhaso és rapas nom sei nem como te atreves tu a nomear a Castelao. Como nom sabes que ponher neste blog cutre dedicas-te a putear ao companheiro Ugio, nom sei que graça vos tem todo isto. A esse retrasado “exiliado esquencido” gustaria-me informa-lo de que nom, nom tem internet, por nom ter nom tem nem as cartas que lhe mandam que na maioria das veces “perden-se” por ai misteriosamente…
Por certo companheiro isolacionista agora no galego castrapeiro já nom se pom signos de interrogaçom ao principio, mas bom seguro que já o saberás e polo mal igual coa tua cultura…
23 Febreiro, 2007 en 11:33
gzlivre, e logo esto (http://com-os-pes-na-terra.blogspot.com/2006/03/postagens-do-preso-ugio-caamanho.html) como se fai, cun tam-tam?
Ou é que che manda as “postagens” con pomba mensaxeira e logo ti mételas na rede?
Si, efectivamente, ao mellor agora non ter internet logo de tentar fuxir e que o collesen. Por iso nos cachondeamos. E punto. O respecto hai que gáñase facendo cousas que sirvan a mellorar as cousas, e non pailanadas.
Por outra parte sempre pensei que os que virían a este blog a facer de troll sería xente de dereita. Vexo que me equivoco. Serei un pouco retrasado…
23 Febreiro, 2007 en 16:06
Mira neno, aseguro-che que as cartas que lhe manda a gente a Ugio nom chegam a gram maioria ou se chegam é cum més ou máis de demora assim que nom sei que caralho dis de ter internet essas postagens nom as vai estar publicando el ou que pensas que está na cadeia chateando e pon-do cousinhas num blog?
E respeito ao outro nom creo que gente coma ti faga muito polo Pais,da-che por ai o que poida estar pasando o rapaz ai sequestrado el só fai “pailanadas” havia que ver-te a ti ai metido a ver que fazias
24 Febreiro, 2007 en 0:58
A ver, monas (GZlivre e o dos vassalos).
Esta é unha web de humor. Por iso os seus autores non vos responden. Eu si.
Non dubido do amor por Galiza de Ugio. Do mesmo xeito, estou convencido de que moitos dos que maltratan ou asasinan as súas parellas tamén as queren -ao seu xeito-. Non sei se pillades a equivalencia.
Ugio non está preso por independentista -eu tamén son independentista e por aí ando solto-. Esta preso por poñer unha bomba nun caixeiro de Caixa Galicia XA QUE LOGO é unha ameaza para a sociedade XA QUE LOGO méteno no caldeiro.
Precisemos: o patriota non puxo unha bomba no despacho de JL Méndez; púxoa nun caixeiro da rúa Montero Ríos (unha das máis transitadas de Santiago), un día de verán. Gustaríame saber que diriades se un familiar voso pasase por aí e fose afectado. Ademais, non amosa arrepentimento, polo que segue sendo unha ameaza para o conxunto da sociedade.
Sabedes que di Eduardo Galeano? Que o peor de moitos militantes de extrema esquerda é que, en nome dun enorme amor e desexo de cambiar a humanidade, odian á xente real, porque non pensa como eles. Que vos parece?
Para suavizar o anterior, direivos que efectivamente, Ugio ten dereito a que o xulguen dunha vez, e a cumprir condea na súa terra. Pero iso non quita todo o anterior.
E que saibades que si me dá pena o rapaz, que arruinou estupidamente a súa mocidade. Mais o principal culpábel é el mesmo. E os parvos que lle rin a gracia.
Dixen.
25 Febreiro, 2007 en 13:47
Porque non vos reides da soldado española morta polos talibans.
Dígovolo:
porque tedes medo, porque poderian cair represalias legais sobre bos.
E se non vos reides é porque sodes uns putos españolistas.
Sodes uns putos españolistas
puro autoodio
25 Febreiro, 2007 en 15:42
Pela temática e pelo (pela falta de) engenho, sinceramente, não consigo achar nenhuma piada ao post!
Concordo com GZ livre: seria muito mais«irreverente e corajoso», fazer «humor» com a soldado galega morta no Iraque….mas parece, claramente, que não há interesse nenhum neste blog em afrontar as intituições e icons espanhois, bem pelo contrário, todas as supostas tiradas «humoristicas» vão em sentido inverso.
26 Febreiro, 2007 en 11:30
“puro autoodio”
E o vosso puro adoraçom de vacas sagradas que nom chegam a cujos esfameados…
27 Febreiro, 2007 en 13:31
Vaia por deus… Agora resulta (ou agora se escribe “ressulta”?) que nun blog adicado a Galicia (ou a moda agora é dicir “Galiza” ou “Galiça” ou “Jaliza”?) van ter que falar do que pasa fora (ou agora se escribe “fóra” ou “fòra” ou “enfora”??).
Respecto dos soldados mortos (en xeral) se fosen carteiros, non lles meterían un tiro por ahí. É parte do seu traballo.
Non son independentista e aborrezo á maioría deles. E calquera persoa que poña un artefacto explosivo capaz de matarme a min, á miña moza, a un amigo meu, á miña nai, á miña avoa… non merece nin recibir cartas, nin ver a luz do día, nin ter internet, nin estar a menos de 1000 kms da “súa terra” (que non é SÚA, é NOSA. Vale subnormáis?-isto va polos independentistas prouxío, que lles hai que explicar todo). Merece que o encerren nun furado, que non falen deles nunca en ningún medio, que sexan condenados ao ostracismo “Ujío… no conozco a ningún Ujío que está en la cárcel de Cádiz… ¿Tú lo conoces Pepe?” “Ujío no, pero tenemos un ujier los primeros sábados de cada mes”.
Os merdas de “independentistas” non queren nada, porque no hipotético caso de que nunha votación DEMOCRÁTICA na que estiveran AS SÚAS ESIXENCIAS NA MESA e perderan, seguirían igual. Por que non vos comprades unha illa e vos exterminades alí.
Agora seguro que atacarán os trolls… “hombres de Gondor. No déis un paso atrás sea lo que sea lo que atraviese esa puerta”
27 Febreiro, 2007 en 19:10
Pois eu riria muito se fizéssedes também “coña” dos soldados “galleguiños” que a espicham no meu país defendendo “Ejjpaña”.
Arr !
Assdo: um afgano que está até os colhões dos mercenários e invasores estrangeiros .. “por Ejjpaña” !!
28 Febreiro, 2007 en 11:39
E por que non comezas facendo ti un chiste sobre os soldados galegos mortos? E se é bo ata o rimos e todo. Pero dubido que o teu enxeño patriótico dea para tanto…
27 Abril, 2007 en 1:52
Xa sei que non é o lugar, pero se algún galego reintegracionista de ciudá lé esto, debezo por saber por qué pondes “uma” en vez de “unha”… é que non sodes capaces de articular o -nh- nasal por que ningún mamastes o galego cando erades pequenos?
O millor é ver como os portugueses se escarallan de risa co voso koiné lingüístico que non hai cristo que o fale de verdade… e dádelle as gracias a eses abuelos provincianos que despreciades (por votarlle ó PP e non a vos) por gardar durante tantos séculos o noso patrimonio. Agardo que se algún día gobernades “GZ” non lle poñades estrelas vermellas ás pantallas.
27 Abril, 2007 en 9:11
Seguro que a meirande parte dos funcionarios de prisions son do CEFOU. ¿Falar con Baltar? Seguro que nos fai precio.
23 Maio, 2007 en 12:35
UGIO, PIDE QUE CHE DEBOLBAN A PERRUKA, OH !
18 Xaneiro, 2008 en 16:04
Parece mentira que cos esteades a rir dunha persoa que esta a entregares os mellores anos da sua vida por defender a Galiza,inda que non da mellor maneira, el e unha victima mais do sistema espanhol.
LIBERDADE PATRIOTAS GALEGOS!!!
gALIZA CEIVE!!!!!!!!!!!
vos sodes os terroristas!!!!!!!!!!!
24 Abril, 2008 en 12:47
Faime gracia ler cousas como que os galegos nos temos “autoodio” cando os que vos chamades independentistas non tedes máis idea do país que aquela que nace por oposición a España.
Carecedes de ningún concepto de Galicia, vivides dunha idea en negativo, de valores feitos en función do Estado ao que vos opoñedes. Temede polo día que Galicia se independice porque o voso discurso se reducirá a cero, a existencia de España é o único que vos dá pulo para a vosa propia.
A mostra mesma de que “ser” galego só vos importa en función do que vos diferencie de “ser” español está no propio emprego que facedes da língua. Disfrazándoa de portugués mal falado, convertídela nun híbrido malparido, nunha fotocopia ridícula de si propia, e todo só por querer diferenciala do español.
O que o galego sexa en si propio tanto vos tén, só vos importa que-non-sexa-e-non-se-pareza ao español.
E dunha vez, como xa lle lin a alguén no propio foro (e ben falado) Ugío e Giana están presos por colocares un artefacto explosivo nun lugar común, nun lugar onde ti ou eu podiamos estar de paso e acabar, no mellor dos casos, tullidos de por vida. Están presos por iso, non por independentistas, ¿comprendedes ou hai que pintar un croquis?
Ugio e Giana poderían pasar media vida se quixeran repartindo propaganda, abrindo asociacións, gastando cartos en fasquines para convencer á sociedade galega para ser un país independente, que non acababan no trullo por iso. Acabarían ata os collóns, pero no trullo non. Se a sociedade galega quixera ser un país independente, tranquilos, que xa o seriamos. Pero a realidade é que tanto nos ten; ou polo menos consideramos que hai cousas máis importantes ca iso e que ocupan a nosa prioridade.
Esa é a nosa vontade como pobo. Que espectro electoral abrangue o “independentismo” galego? O 2%? O 5%, tirando polo alto? Pois o 5% non representa en xeito ningún unha vontade colectiva. E para mudala, convencede con verbas; porque no debate social está o sitio das verbas. Porque para o que queira convencer con bombas, o seu sitio está onde precisamente están agora Ugio e Giana.