Polo Parvo de Cela
Non se pode adiar máis o día no que Xosé Manuel Beiras Torrado sexa asasinado de xeito brutal e despiadado. Galiza necesita un mártir e necesítao xa. O seu sangue regará as ialmas da patria sementando unha esperanza de liberación para o noso pobo.
A pesar do seu leonino corte de pelo non puido ser en vida o mesías da Galiza. O pobo aldraxou as súas traducións de Camus e non se amosou conmovido polas delicadas pezas de Chopin que interpretaba na súa casa do rururbano. Conta con cualidades para ser ministro de cultura en Francia pero preferiu sacrificarse pola súa terra e conveciños. Por iso estou seguro que este espírito sacrificado desfrutaría coma William Wallace cun desmembramento público no nome da liberdade para os seus.
Grande parte dos galegos desfrutarían ao observar o atroz sufrimento da súa agonía e estertores finais. E non só os do seu propio partido. Os paisanos populares recordaríanlle coa súa sorna habitual que sacou un zapato durante unha sesión parlamentaria (clímax da súa existencia mediáticas) mentres se desangra aos seus pés. Os filólogos e historiadores verían unha nova fonte de teses e mitos patrios e venderíanse moitas camisetas de Rei Zentolo ou Aduaneiros Sem Fronteiras. E, sobre todo eliminaría un obstáculo para o libre goberno dos seus compañeiros de partido e agora Quins da Xunta.
Evidentemente a posta en escea da morte do heroe debe estar á altura do mito a crear. Cómpre que se produza nunha situación heroica frustrando unha aldraxe á naçom. Poñamos por caso, impedindo que uns funcionarios de xardíns da Coruña redibuxasen o “l” de “La Coruña”. Os malvados operarios municipais atravesarían o seu nobre corazón co mástil dunha bandeira española e uns nenos, ao fin e á postre os futuros patriotas que nos liberarán do xugo imperial, achegaríanse ao seu maxestuoso corpo enchoupado en sangue. Aí diría as súas palabras que seguramente serían de Montaigne ou do Sempre en Galiza pero, en todo caso nun francés agalegado.
Outra posibilidade é que se infiltrase na romaría do Monte Faro de incógnito para convencer aos paisanos do Deza que o socialismo unido á identidade nacional é o camiño a unha Galiza mellor. Núñez Feijóo descobre a súa presenza e crucifícano durante 3 días (no seu delirio citará extensas pasaxes da Eneida) mentres escoita a Baltar tocando o trombón e a multitude canta “Si no eres del PP jodeté“. Finalmente é asado ao espeto e repartido entre a cúpula popular. Nun último acto heroico de sacrificio a súa carne envelena aos asistentes acabando coa direción do PPdeG e dando paso a unha nova etapa política no país.
Se esta posibilidade non é contemplada na actualidade polo Consello Nacional do Bloque Nacionalista Galego é posiblemente porque teman que volva coma o pai de Hamlet na obra de Shakespeare a castigalos despois de morto.
5 Comentarios
22 Febreiro, 2007 en 1:26
Kill your idols…
22 Febreiro, 2007 en 13:04
Eu propoño que Ugío o mate cun piolet, tipo Trotsky (non teñen unha certa semellanza?)
22 Febreiro, 2007 en 13:05
No quadro falta que um dos nenos leve umha camisola coa bandeira de Galiza e Beiras, coa mao ensanguinhada ponha umha estrela no centro …
22 Febreiro, 2007 en 14:10
O do piolet, perdonando a pedantería, sería unha gran paradoxa histórica e política. Malia todo, eu pensaba que Beiras era máis de Kruschev que de Trotsky
29 Xaneiro, 2008 en 12:03
[...] de Breogán tivémolo claro dende un principio e agora creemos que chegou o momento de sacar a bala na recámara do noso [...]