Por Medulio
Xa temos falado dabondo das múltiples especies de alcalde existente nestes lares. Temos o que lle dedica misas a Franco, o que se autoinviste doutor honoris causa por unha universidade especializada en vender maquinillas de afeitar por internet… Tamén os nosos veciños contan co seu particular especime.
Pero hoxe queremos ser bos e xenerosos, como [...]
Entries from Marzo 2007
30 Marzo, 2007
Facendo política sábados e domingos
29 Marzo, 2007
Inimigos íntimos
-Supoño que xa ten claro cal é o seu papel.
-Pois o certo é que non demasiado…
-Como que non? Que é o que non entende?
-Pois non entendo coma o presidente dun goberno rexional, neste caso Galicia, contrata a un cantante coma min coma asesor político.
-Señor Paul Simon, vostede como estrela da canción ten un papel crucial [...]
27 Marzo, 2007
Sucesión
Por Frouxeira
Manuel Cabezas foi un político adiantado ao seu tempo. Un boné en tempada de boinas. O único boné que resistiu no país a grande ofensiva dos baróns, na segunda metade do fraguismo, mentres que os demais fuxían á procura das migallas madrileñas.
Pero Cabezas foi un home íntegro, entregado á súa cidade. Certo que [...]
26 Marzo, 2007
O asesor inesquecible
por Viriato
Na sala de xuntas do edificio 16 de Rodríguez de Viguri, 15702, Santiago de Compostela, hai unha reunión da Executiva do único e verdadeiro Bloque Nacionalista Galego. Anxo Quintana, Gran Arquitecto da Nación, convocou a todos os seus capitáns con carácter urxente pero sen revelarlles qué temas se ían tratar. Eles, ben por fidelidade [...]
22 Marzo, 2007
Alimentos patrióticos
Polo Parvo de Cela
O ministerio invasor español de agricultura e pesca vén de facer un informe sobre o que máis se come en cada unha das comunidades dese país ficticio que deu en chamarse España. Xa sabemos que a este tipo de informe elaborado polo inimigo non se lle pode dar moita credibilidade porque teñen [...]
20 Marzo, 2007
Da mina ao rañaceos
Por Frouxeira
Dende o alto da Torre Espacio, a 223 metros de altura, na planta 56, Juan Miguel Villar Mir contempla a panorámica de Madrid Leste e séntese no máis alto de Xsspaña.
Toda unha vida de sacrificios… para rematar construíndo agora o seu propio rañaceos. Lonxe fican os amargos días do pasado verán, trala derrota da [...]
19 Marzo, 2007
O asesor incognoscible
por Viriato
Negra noite sen lúa no monte do Pedroso. Escóitanse tronos sen lóstregos e andan soltas as ánimas, por aí, de botellón. Baixo a silueta impoñente do repetidor de TV, dúas ducias de sinistras siluetas cubertas por carrapuchas e túnicas de cor azul empeñan os seus esforzos nun ritual blasfemo. Forman un círculo perfecto, arrodeando [...]
16 Marzo, 2007
Como liberar a patria cun rotulador
Polo Medulio
O furor do Galpón de Breogán non ten límites. Por iso aparecen imitadores da nosa fórmula a prol dunha patria galega co gasóleo máis barato e as navizas de balde. A única diferencia é que aquí úsase a fina ironía e eles usan un rotulador de brocha gorda.
Polo de pronto quedan preguntas sen resolver:
Onde [...]
15 Marzo, 2007
Problema matemático
Polo Parvo de Cela
Albertito Núñez Feijoo quere gañar as eleccións municipais para gañar despois as eleccións autonómicas para acadar o seu verdadeiro obxectivo final que é ser un xogador do Real Madrid, é dicir, non pagar nos restaurantes e nos sitios cool-pijo-Sanjenjo.
Tendo en conta que Albertito declarou máis dunha vez que el “ten o mellor [...]