Tras longas horas de espera, mesmo días nalgúns casos, miles de afeccionados ó ocio electrónico poden saciar dende hoxe a súa sede de aventuras. ¡Xa se pode descargar Lugo no tempo, o videoxogo de Xosé Clemente López Orozco!
Cibercafés de toda Galicia permaneceron abertos a noite enteira para atender a demanda dos fans de Orozco.
Lugo [...]
Entries from Abril 2007
30 Abril, 2007
Fagamos xogo
26 Abril, 2007
Son Touriño e Stevie Wonder a mesma persoa e forman parte da Santísima Trinidade?
Polo Parvo de Cela
Se
Espírito Santo=Deus
Deus é amor.
O amor é cego.
Stevie Wonder é cego.
Stevie Wonder é Deus.
E por outra banda:
Espírito Santo=Deus
Deus non falla.
A Xunta non falla.
Touriño é a Xunta (ou 2/3 dela) .
Touriño é Deus.
E:
Espírito Santo=Deus
Deus está en todas partes.
Para defender opcións contrapostas sería preciso estar en dúas partes á vez.
Touriño defende dúas opinións [...]
25 Abril, 2007
QUE ABURRIDA É A NOSA POLÍTICA
Por Antón Fraguas
Fagan un esforzo, señores políticos. Temos o Parlamento máis aburrido da historia, os políticos máis aburridos da historia, o país máis aburrido do mundo.
Temos as eleccións locais a 5 semanas e aquí non pasa nada. Algún PXOM por alí, varios candidatos que ademais (mira ti que casualidade) son promotores inmobiliarios (xa o dicía [...]
24 Abril, 2007
Localismo acuífero
Por Frouxeira
O subministro de auga, de luz, de gas ou a recollida de lixo son cousas que o estado pode e sabe delegar na administración local. Polo tanto, a calidade do servizo xa depende do bon facer dos concellos correspondentes. Non todas as traídas son iguais. O deber do cidadán é avalialas cada catro anos.
Ao [...]
23 Abril, 2007
Dúas mulleres e un PXOM
por Viriato
-BRINGG, BRINGG
-Digamé.
-¿Mariajo? Ola, son Cori ¿Que tal estás?
-Vaia, ola Cori. Vinte nas fotos do xornal de onte e estás fantastica. ¿Onde mercaches eses pendentes?
-Fanmos á medida nun taller de xoiería que teño de man… pero non te chamaba para iso, é que Chema anda algo mosca co do PXOM e dime que te insista.
-¿Outra [...]
20 Abril, 2007
Bicicletas, coche oficial xa
Por Medulio
Entre café e café, agora as nosas humildes señorías pretenden impulsar o uso da bicicleta como método de transporte habitual en Galicia, unha decisión motivada polo lixeiro retraso na chegada do AVE e o mal estado das autoestradas. O lóxico, a que si?
Non é que teña nada en contra de tan simpático instrumento de [...]
19 Abril, 2007
Razóns para non censarse en Santiago
Hai unha chea de razóns para vivir en Santiago. Se a chuvia fose realmente arte o de facer o patrimonio universal o conxunto histórico sabería a pouco. Aparte hai outros moitos motivos para amar Compostela dende a súa axitada vida cultural, calidade de vida, movida estudiantil… Sen embargo Galpón advirte aos seus lectores do perigo [...]
18 Abril, 2007
MI LIMÓN, MI LIMONERO
Por Antón Fraguas
Los Limones, aquel grupo dos anos oitenta, responsable daquela fermosa canción que poñen até no Maycar compostelán, andan metidos en política. O que sempre é algo polo que un intelectual debe ser valorado.
Os Limóns cantan a canción que acompañará ao popular Juan Juncal, alcalde de Ferrol, na súa campaña [...]
17 Abril, 2007
Como defender o voto emigrante
Por Frouxeira
Se partimos dunha hipótese na que os galegos do exterior de primeira, segunda e mesmo terceira xeración teñen dereito á cidadanía xxxpañola… quen lles pode quitar agora o seu lexítimo dereito ao voto? Sería retorcer os dictados do dereito. Sería inconstitucionaaaaal!!! É dicir… Maliiigno!!!
Os emigrantes, os “exiliados económicos” (pobriños) non teñen a culpa [...]
16 Abril, 2007
Desaloxo progresivo
por Viriato
O Parlamento, o templo das leis galegas, o corazón e a alma do debate político. Un circo dirixido por unha domadora implacable. A carpa grande do Hórreo ven de ter unha das súas espectaculares sesións plenarias.
O primeiro número do día foi unha danza popular na que os tres grupos de deputados acordaron darlles [...]