23 Abril, 2007...8:00

Dúas mulleres e un PXOM

Saltar a Comentarios

por Viriato

-BRINGG, BRINGG
-Digamé.
-¿Mariajo? Ola, son Cori ¿Que tal estás?
-Vaia, ola Cori. Vinte nas fotos do xornal de onte e estás fantastica. ¿Onde mercaches eses pendentes?
-Fanmos á medida nun taller de xoiería que teño de man… pero non te chamaba para iso, é que Chema anda algo mosca co do PXOM e dime que te insista.
-¿Outra vez? Pero iso xa estaba pactado, Cori, y no hay tutía. Vos amañades tiñades mes e medio para facer as correccións no pleno municipal e eu vos dou o visto bo en 30 díñas de nada.
-Pero mira que se nos botan as municipais enriba, e agora van os do BNG e din que se non nos deixades construír no monte tranquilos, votan en contra. Dende que cheiraron a eleccións, andan revolucionados.
-Dura lex, sed lex.
-Si, iso pode dicilo calquera, pero é que Chema di que ós nosos tampouco lles gusta nada iso de perder 5.000 vivendas nos arrabais, miña rula. Seica a eses constructores tan majos que nos financian a campaña anadaban ilusionados coa idea de levantar cen ou douscentos chaleciños utraluxosos…
-Veña, Cori, veña, que desas cousas xa vos avisara Feijóo en 2004, que tamén era dos vosos. E no peor dos casos, tendes o apoio incondicional de Manoel Soto, jijiji.
-Mariajo, non sexas vulgar ¿Ti non podes facer nada para que os teus nos dean tamén o sí? Poderíamos vendelo como un éxito mútuo…
- Cori, querida. Primeiro, non son “os meus”, que eu aínda non hai un ano que me saquei o carnet do PSOE. Segundo, Emilio tenme dito que vos deixe pelexar co Bloque, que así quedades con mala imaxe. E terceiro, non penso achegarme a menos de 100 metros de Abel Caballero, que ese home lle das a man e se te mete cear na casa.
- Logo non lle hai nada que facer…
- Nada, muller, nada. Se cadra, agardar ó próximo goberno municipal, que ó mellor xa non é asunto teu.
- Vale, pero a Chema non lle vai gustar nada. E logo vou ter que dicir que é culpa túa, porque es unha lurpia sen escrúpulos que non cumpre a súa palabra.
- Veña, si, pero eu direi que es unha loira de bote descerebrada que non sabe contar mes e medio. ¿Comemos xuntas o xoves?
- Por min, encantada. Así podes ver o meu novo modeliño de Purificación García. Ciao, querida.
- Ciao, Cori.


- BRINGG, BRINGG
- Digamé.
- Mariajo, son Pachi. Mira, que xa teño isto do informe ambiental ¿Dígollo ós de Vigo ou non quedo calado?
- Nah, non llo digas ata dentro de quince días, para que sufran.

2 Comentarios


Deixa un comentario