Entries from Maio 2007

31 Maio, 2007

Que foi necesario para que…?

Polo Parvo de Cela
Conde Roa e Néstor Rego foran os gañadores das municipais de Santiago… que só un edil cambiara de mans, unhas pobres expectativas e fotos certamente ridículas de ambos en Galpón de Breogán.
Telmo Martín fose o candidato máis votado na cidade do Lérez … unha imaxe de gañanería que facía sentirse glamouroso aos [...]

30 Maio, 2007

OS CONCELLOS FRIKIS

Por Antón Fraguas
Que si, que o PP baixou, que o PSOE subiu pero perdeu a maioría absoluta en Lugo e Coruña. E o Bloque convértese nun partido rural, como quen vai pasar a fin de semana á casa da aldea. Pero ninguén fala do verdadeiramente importante. ¿Que vai pasar en Toques? ¿Cal dos xemelgos de [...]

29 Maio, 2007

Análise postelectoral (3). Sede do PP

Por Frouxeira

Madrugada do Luns 28 de Maio de 2007. 00:15 horas. Alberto Núñez Feijoo le despreocupadamente a edición dixital de Marca mentres o seu secretario xeral, Alfonso Rueda, vai pasando os datos electorais da web do Ministerio do Interior a unha folla de cálculo.
- Gañamos en Vigo!!!
[...]

29 Maio, 2007

Análise postelectoral (2). Sede do PSOE

Por Frouxeira
Noite do Domingo 27 de Maio de 2007. 23 horas. Emilio Pérez Touriño vai chantando bandeiriñas socialistas na súa terra conquistada, segundo o seu secretario de organización, Richie Varela, lle vai cantado os resultados:
- Coruña!
- Coruña
- Lugo!
- Lugo
- Ourense!
- Ourense
- Vigo!
- Vigo

(Media hora despois)
- Punxín!
- Eh… Onde está Punxín? Ah, si, aquí! Punxín.
- Ribadavia!
- [...]

29 Maio, 2007

Análise postelectoral (1). Sede do BNG

Por Frouxeira
Noite do Domingo 27 de Maio de 2007. 22:30 horas. PJ Caselas, coordinador executivo do BNG, contesta a un tempo seis chamadas telefónicas mentres segue os resultados electorais en cinco páxinas web. Á súa beira, o voceiro nacional, Anxo Quintana, pinta con lápises de cores un debuxo: nel aparece un monicreque barbudo levando da [...]

28 Maio, 2007

O apioio do GdB, factor clave na mellora de Conde Roa

Extracto da crónica electoral do Heraldo Picheleiro, revista imaxinaria á venda en todos os bares de Santiago
Cando ninguén daba por el nin a monda dos cachelos, o nobre e preclaro Gerardo Conde Roa (Ger, para os amigos) convírtese no home máis votado en Compostela e mesmo logra arrebatarlle un escano a Xosé “destasacomaioríaabsoluta” Sánchez Bugallo.
A [...]

28 Maio, 2007

Todos saimos gañando

por Viriato
Os membros do Galpón de Breogán, como galegos responsables que somos, seguimos con gran atención o desenvolvemento destas eleccións municipais que tantos risos e diversión lle proporcionaron ó país. Dende aquí queremos felicitar ós perdedores, que marcharan tranquilos a facer oposición, e darlles o noso pésame ós gañadores, que terán que batallar con pactos [...]

24 Maio, 2007

A tres bandas

-Feijoo: Gústavos o meu peluco?
-Baltar: Cámbiocho polo trombón…
-Poly: Se merco dezaseis, fan desconto?

24 Maio, 2007

Tribus polígamas ourensás toman a cidade

O atraso e illamento de Ourense levou ao descubrimento de diversas tribos polígamas operando pola capital da provincia. Estes grupos organízanse en vastas unidades familiares de ducias de individuos que á súa vez forman clans. Os estudiosos sopesan a posibilidade de que sexan habitantes primixenios de Ourense que se infiltraron sen ningún tipo de problema [...]

23 Maio, 2007

“Santi, legaliza la marihuana e independiza Coia”

Por Antón Fraguas
Os candidatos á alcaldía das sete cidades galegas están na rede. Todos teñen web de campaña, algunha delas con formato de blog e un estilo igualmente “blogueiro”: persoal e subxectivo. Pero só algúns dan o último paso e permiten enviar comentarios aos seus posts. Comunicación directa co votante, interactividade, diálogo: a esencia da [...]