por Viriato
Fin do longo precalentamento. Remate da aburrida garda. Morte ós debates anódinos. ¡Comeza a campaña das municipais! Os nosos audaces políticos poden por fin deixar de queixarse por estupideces e pasar a prometer estupideces. Pero o primeiro, coma sempre, é consultar cos asesores.
Arthur Garfunkle.- (canta e toca) … it’s the sound of silence…
Anxo Quintana.- Pst, Artie, ¿tes un intre?
Art.- A ver, dime.
Quin.- ¿Tes algunha idea para o arrinque da campaña?
Art.- Mmm… non te quedes nos mitins, fai algo espectacular, que lle chegue á xente e sobre todo ós xornalistas…
Quin.- ¡Xa sei! ¡Xuntarei un grupo de vellos e poñereime a bailar coas señoras!
Art.- Non, Anxo, iso é o que fas todos os días.
Quin.- Ah, si, é verdade…
Art.- O mellor e buscar algo para a mocidade, algo que poida saír en Chuza!…
Paul Simon.- ¿Mandoume chamar, señor presidente?
Emilio Pérez Touriño.- Si, Paul, si. Dime ¿como podería iniciar a campaña de modo chamativo, pero sen deixar de ser tan irrefutablemente gris coma son sempre?
Paul.- Vostede sempre con deus e co diaño ¿eh, señor presidente?
Touri.- ¿Algunha idea?
Paul.- Dea un mitin indo de tapas por Lugo.
Touri.- Iso é unha pailanada Paul… e xa se me ocorrera a min.
Paul.- Vaaale, pois faga algo cultureta, que sempre lle deixa esas cousas ó Bloque. Lea os consellos da Xeración Nós para o futuro, ou así.
Touri.- Mmmm… non é mala idea, pero tería que ser algo un pouco máis gris.
Paul.- Pois rodéese de xente famosa, así ninguén reparará moito en vostede.
Touri.- ¡Si, excelente! ¡E tamén levarei nenos! Gústanme os nenos, se me poño ó lado deles, semella que son altísimo. Non sei que faría sen ti, Paul.
Paul.- A mandar, señor presidente.
Alberto Núñez Feijóo.- Oh, grande Nyarlathoteph, Mensaxeiro dos Deuses Exteriores, eu invócote sobre a materia corrupta deste cadáver…
Xerardo Fernández Albor.- Eu non estou morto.
Feijóo.- ¡Non sexas infantil!
Albor.- Pero non estou morto…
Feijóo.- ¿Queres buscarme unha lea, ou que? Toma, morde este trapo e está caladiño.
Albor.- Gnof.
Feijóo.- ¡Cthulhu fhtang!
POF
Nyarla.- Bu, neno, vaya muvi.
Feijóo.- Saúdos, Caos Reptante. Preciso do teu consello..
Nyarla.- Berto, neno, cada día me invocas con peña más cutre. No te las bates nada, neno.
Feijóo.- Síntoo, grande Nyarlathoteph. O número de baróns provinciais sacrificables é reducido dende que Cacharro está botado ó monte.
Nyarla.- Bu, neno, mientes más que hablas. El Berto, preguntando siempre, oiste.
Feijóo.- Er… ¿Cal sería o mellor xeito de comezar a campaña, grande Nyarlathotep?
Nyarla.- Bua, me dicen los colegas que estás hecho un puril, neno, que sólo las momias, los fachas y los pijos te van votar.
Feijóo.- Home, ata agora iso daba para maiorías absolutas…
Nyarla.- Pal Fraga si, neno, pero tu eres amazo kie y podrías chanar más ¿mentiendes?
Feijóo.- ¿E como o fago?
Nyarla.- Móntane algo jipi, neno, que los deje a todos pillaos. Defiende el kilamiento libre, o algo.
Feijóo.- Um… liberdade sexual… mmm…



4 Comentarios
15 Maio, 2007 en 14:33
[...] carreira para as eleccións municipais fai estragos. O galpón de Breogán conta a moi posible conversación entre os líderes dos partidos en Galiza e os seus asesores. Moi [...]
15 Maio, 2007 en 16:36
Mooooi grande, galponeiros
16 Maio, 2007 en 13:05
Necesitamos coñecer os detalles da bomba-pota express, canto antes.
18 Maio, 2007 en 17:12
Máis lles tería xuntarse catro ou cinco deses mentireiros profesionais e marcarse o temiña dos Ramones. Sería o único divertido para eles de toda a campaña, agás contalos cartos-promesa ós inversores que é para o que é tanta viaxe de pobo en pobo facendo un teatro que nin eles creen.