Por Medulio
O Parlamento está de moda, outra vez. A Cámara galega, ese lugar no que están representados todos e cada un dos habitantes da terra nai (incluidos os 26.749 que votaron en branco) volve ser o centro de atención da política autonómica.
Primeiro foron os enfados de dona Lola. Logo, a instalación de paneis solares [...]
Entries from Xuño 2007
29 Xuño, 2007
As súas sufridas señorías
28 Xuño, 2007
Gerardo Conde Roa: Conexión Shangai
Polo Parvo de Cela
A moitos, a nós non, sorprendeu o auxe dunha das musas de Galpón de Breogán, Gerardo Conde Roa. Poucos pensaban que cunha campaña tan ridícula se puidese evitar a maioría absoluta de Bugui pero funcionou. Os intentos de explicación sucedéronse (a conservadora poboación de Santiago, a abstención entre a esquerda ante unha [...]
27 Xuño, 2007
QUE VOTEN TODOS OS GALEGOS (pero todos)
Por Antónfraguas
A min paréceme moi ben que poidan votar os fillos dos emigrantes. E os seus netos. ¿Pero por que quedarse aí? ¿Por que van votar os netos e non os bisnetos? ¿E por que non os veciños dos descendentes de galegos? ¿E por que non os seus amigos?
Eu propoño ampliar o dereito a voto [...]
26 Xuño, 2007
Futuros derbis galegos
Por Frouxeira
Nin Reganosa, nin Navantia, nin o porto exterior. Só unha cousa poderá sacar a Ferrol da súa crise socio-económica…
O ascenso do Rácing de Ferrol á Segunda División A da LFP deixará na vindeira tempada dous novos derbis galegos. O equipo verde terá que enfrontarse ao equipo celeste, e Vigo e Ferrol xa terán algo [...]
25 Xuño, 2007
Que si, que se independicen
Asumámolo. A estrutura do estado español é absurda, estúpida e non corresponde co sentir histórico e cultural das xentes da Península Ibérica.Precisa unha reforma canto antes, que lle devolva ós seus cidadáns a identidade roubada por séculos de mitoloxía castiza, reforzados hai pouco pola retórica nacional-católica. No Galpón de Breogán (GdB) facemos nosa esta causa [...]
21 Xuño, 2007
Profeta Gayoso
Polo Parvo de Cela
As multitudes comezaron a arremuiñarse ao redor do profeta na discoteca Dona Dana de Touro. Pequeno e anxelical o presentador da TVG dixo aos alí presentes:
“Moi boas noites queridos amigos. Moitos se riron de min cando dixen hai unhas semanas que o noso gran amigo, El Fary, ía morrer. E [...]
19 Xuño, 2007
As persoas máis odiadas da Provincia de Pontevedra
Por Frouxeira
Se fixesemos un concurso…. Quen gañaría?
Quizais Carlos Mouriño, o Presidente do Celta. Ou Hristo Stoichkov, o seu fracasado entrenador. As cabezas visibeis do “proxecto” que envorcou ao equipo celeste na Segunda División da LFP.
O domingo foi un gran día para eles: Milleiros de celtistas canalizando os seus pensamentos máis crueis na súa contra! Dende [...]
18 Xuño, 2007
Os pactos tras a cortina
por Viriato
A Coruña
Nun garito escuro, unha mesa de póker. Os dous xogadores observan as súas cinco cartas con atención, mentres chuchan candanseu habano.
Quiquiño Tello: Poño seis concelleiros.
Javi Losada: Subo a 11.
Quiquiño:Vexo, e subo unha tenencia de alcaldía.
Javi: Cinco tenencias.
Quiquiño: ¡Cinco!
Javi: Cinco si, escoitaches ben
Quiquiño: ¡Iso non foi o que se pactou en Santiago!
Javi: ¡En Santiago [...]
15 Xuño, 2007
Pactando, que é xerundio
Por Medulio
Touri (entre dentes): Mira palante, sorrí e non abras a boca, Anxo…
Quin (nota mental): Mira ti, que igual jódoche a pluma e sacamos algo en limpo…
15 Xuño, 2007
MARIMACHO
Por AntónFraguas
O Leblón fai estragos. E cando todos os seus coleguis de Nuevas Generaciones comezan a berrarlle a Gerardo “un chiste, un chiste“, Gerardo non se pode reprimir. E conta un chiste, coa copa na man, por suposto. Eses son os mellores. Gerardo lembrouse daquela gracia que lle contaran o outro día en Madrid. Aquel [...]