Por Antón Fraguas

Que non, que a xente trabúcase. O de Reganosa non é un asunto económico, é unha cuestión de “seguridade nacional”. ¿Por que construíron os depósitos no interior da Ría, no canto de facelo no flamante Porto Exterior de Ferrol? (en serio, ¿para que carallo serve ese porto?). Pois a razón non ten relación co gas, nin coa soberanía enerxética de Galicia. É algo moi distinto.
Os dous depósitos agachan un segredo, que ten a súa orixe hai máis de trinta anos, cando o exército recuperou os restos dun ovni que caera na Ría de Ferrol. Na reportaxe de Antes do silencio, explican todos os detalles.
Os dous depósitos de Reganosa agachan os restos de dous Obxectos Voadores Non Identificados, que están sendo estudados por investigadores da Nasa. De aí o empeño das autoridades en deixar a Reganosa dentro da ría.
7 Comentarios
6 Xuño, 2007 en 7:52
… frouxiño
6 Xuño, 2007 en 12:03
Ai Mi madriña canto produce un bo maxín
6 Xuño, 2007 en 16:22
Parvadas. No exterior non están tan seguros como dentro da ría. Calquera instalación de recursos enerxéticos de calquera tipo é un obxectivo estratéxico de primeira orde, e eses depósitos máis. Calquera conflito, laboral por exemplo, suporía un desplegue policial bastante grande pra garanti-la seguridade de este tipo de instalacións, para cando máis un conflito de boicot coma o que se desenrolóu co gallo das descargas de gas licuado.
Como excusa literaria o dos ovnis non ten prezo.
Un saúdo.
6 Xuño, 2007 en 23:23
Manda carallo e Iker Jimenez sen enterarse.
7 Xuño, 2007 en 15:11
¿Cómo que ninguén o sabe?O do OVNi sábeo todo o mundo.Tedes cada cousa…
10 Xuño, 2007 en 18:52
[...] de Galpón tenhem cada [...]
12 Xuño, 2007 en 7:36
Pensei que gostariam do último TB…