27 Xuño, 2007...7:53

QUE VOTEN TODOS OS GALEGOS (pero todos)

Saltar a Comentarios

Por Antónfraguas

A min paréceme moi ben que poidan votar os fillos dos emigrantes. E os seus netos. ¿Pero por que quedarse aí? ¿Por que van votar os netos e non os bisnetos? ¿E por que non os veciños dos descendentes de galegos? ¿E por que non os seus amigos?

 

Eu propoño ampliar o dereito a voto aos seguintes colectivos:

-Todos os que algunha vez comeran polbo

-Todos os que algunha vez ficaron parados nunha escaleira

-Todos os familiares de Joe Strummer: “Should I stay, or should I go” (esta é para o Leo)

-Todos os turistas madrileños que comeron unha mariscada na rúa da Franxa

-Todos os turistas madrileños que algunha vez lle dixeron a un galego: “menudo acento que tienes, eh?

-Todos os que algunha vez cantaron “Un canto a Galicia (Hey)”

-A Tom Cruise (o rianxeiro) e os seus bisnetos

-A todos os arxentinos que algunha vez contaron un chiste de galegos

¿Credes que falta alguén?

10 Comentarios

  • O dos netos é unha cafrada pero…. e se facemos un curso de lingua e cultura galega para que poidan votar os que o pasen?
    Algo así como educación para a cidadanía

  • Falta Mariano Rajoy…

  • Os que pranten albariño aunque sexa en Cataluña

  • Os que residen en Madrid e, cando parece que vai a chover, aínda levan o paraugas colgado do peto do pantalón ou dalgunha outra parte da súa roupa, coma mín.
    Os que teñen “empanada” mental.
    Os que pensan que “nécora” é unha operación policial.
    Os que tocan a “gaita” dun so burato, ainda que non soe…
    Que siga outro que escacho coa risa…

  • Os murcianos que cultivan e venden pementos de Padrón.

  • os polacos e rutenos de Galitzia, por suposto!!!, ou habíamos esquencer aos nosos curmáns do leste?

  • do que se pode deducir que iso inclúe tamén a todos os descendentes de polacos, rutenos, ucraínos, alemáns e xudeus orixinarios de Galitzia que emigraron aos iuesei, comezando pola familia de Billy Wilder

  • E, cómo non! o famoso galego da Lúa do que se sabe que veu do Ferrol.

  • Os que colleron berberechos na praia en plan ilegal
    Os que fixeron/beberon algunha vez unha queimada
    Os que beben Estrella Galicia
    Os que toman queixo de Larsa (os iogures Larsa fora de aquí non existen, pero o queixo si!)
    Os que foron de excursión a Santa Tecla na EXB (os da LOGSe non que aínda son menores todos seguro)
    As que foron abordadas algunha noite cun “Ghastas pista?”
    Os que tocan pandeiretas de plástico no Nadal
    Os que probaron algunha vez a Tarta de Santiago (precio mínimo da tarta 6€, as de menos nin son de Santiago nin ten almendra)
    etc etc etc

  • [...] que a emigrada en cuestión non forma parte -que eu saiba- do CERA e, polo tanto, non é “deses“. A cousa vén sendo aportar á sabedoría universal (ou do Blogomillo), oito apuntamentos [...]


Deixa un comentario