Entries from Xullo 2007

31 Xullo, 2007

Véndense casa

por Frouxeira

Os madrileños, especialmente os que son “de Madrí a saco”, odian a súa cidade. Só así se pode explicar que os poucos privilexiados que teñen un mes de vacacións soñen con fuxir dela. E non é unha fuxida a fume de carozo á procura de mellores horizontes. Non, eles queren fuxir para ir a [...]

30 Xullo, 2007

O retrato do Rei

por Viriato
A estas alturas, xa debedes de estar fartos de ler cousas sobre Gerardo Conde Roa neste blog. É normal, mesmo nós comezamos a estar fartos de escribir sobre el. Porén, insensible ós nosos desexos, el segue erre que erre dándonos motivos para parodialo. Porque ¿quen podería resistirse a bromear sobre isto?
Ben, logo o [...]

25 Xullo, 2007

Como pasou o Día da Patria…

… Gerardo Conde Roa:
Convidando aos seus amigos chineses maoístas a unhas copas no Leblón, onde algunha mala alimaña lle escoitou dicir: “Núñez Feijoo é un tigre de papel“. Os maoístas asenten e, educadamente, preguntan: “Cando ides dar o Gran Salto Adiante en Galiza? Canta xente tedes prevista que morra de fame? Enviaredes aos intelectuais ao [...]

24 Xullo, 2007

Por un día 25 sen festas (nin patria, nin apóstolo)

Por Frouxeira
Imaxino o que vai pasar. Todos os anos a mesma leria. Serán as sete e algo da mañá e a xente pasará á beira da catedral prea perdida. Vivir en Santiago que bo-ni-to é / andar de parranda e durmir de pé / e durmir de péeee… e durmir de pé / andar de [...]

23 Xullo, 2007

O camarote de Abel Caballero

por Viriato
TOC, TOC
Abel: ¿Quen é? ¿Quen desexa entrar no despacho do poderoso Abel Caballero, ALCALDE (si, si, alcalde ¡EU!) de Vigo?
César: Son César Portela.
Abel: Home, César, pasa, pasa. ¿É polo do auditorio?
César: Sip.
Abel: Estiven mirando o proxecto e non ten mala pinta. Menos mal, porque tiña medo de que me fixeses unha merda como o [...]

22 Xullo, 2007

¿E agora, pasaranos algo?

por Breogán Vilariño

19 Xullo, 2007

A Orquestra París de Noia será a encargada do novo himno galego

Polo Parvo de Cela

Segundo se enterou Galpón de Breogán poñendo a orella nas portas o novo Sumo Sacerdote da futura Nazom Celta, Antón Losada, encargou á prestixiosa e aclamada formación musical Orquestra París de Noia a composición dun himno que inflame os espíritos patrióticos dos galegos de cara ao II Reich Galego.
A escolla realizouse despois [...]

18 Xullo, 2007

Cuestión peliaguda

por Viriato (en horas extras)
Este é Emilio Pérez Touriño como secretario de Estado para Infraestructuras.

Este é Emilio Pérez Touriño como líder do PSdeG e presidente da Xunta.

Este é Henrique Tello como furibundo opositor a Paco Vázquez.

Este é Quique Tello como tenente de alcalde do Concello da Coruña.

Este é Salvador Fernández Moreda como presidente da Deputación [...]

16 Xullo, 2007

28 semanas despois

por Viriato
 
Ourense. Unha cidade inhóspita, dura, desagradecida, onde van 40º en verán en -20 en inverno. Unha terra, en resumo, moi pouco apta para a vida humana, na que so os máis fortes e carentes de escrúpulos sobreviviron e deron lugar a unha caste. Funcionarios temidos en todo o mundo, organizados arredor do misterioso CEFOU [...]

14 Xullo, 2007

Galpón de Breogán pide o boicote para Galpón de Breogán

Por Breogán Salceda

 
O contubernio megalomaníaco Galpón de Breogán non cabe no seu asombro dende que descubriu que no deturpado ranking de blogues de Blogaliza o portal onde damos renda solta á nosa demencia ocupa un lugar superior á web Si home si. Escrita polo celebre, e non por [...]