por Viriato
A estas alturas, xa debedes de estar fartos de ler cousas sobre Gerardo Conde Roa neste blog. É normal, mesmo nós comezamos a estar fartos de escribir sobre el. Porén, insensible ós nosos desexos, el segue erre que erre dándonos motivos para parodialo. Porque ¿quen podería resistirse a bromear sobre isto?
Ben, logo o noso axente maoista favorito quere que Xosé Sánchez Bugui-Bugui poña un retrato decente do Rei no salón de plenos de Raxoi. Cre que non pode ser que o Juanca, un monarca democrático aínda que algo mullereiro, teña só unha foto pequerrecha mentres que Fernando VII, un monarca absolutista aínda que algo mullereiro, ten un enorme lenzo para el só. É ofensivo para a Familia Real. Ben, non tan ofensivo como algunhas outras cousas, pero si moderadamente descortés.
En todo caso, no Galpón de Breogán (GdB) decidimos facer nósa a causa de Xerardo e enviamos as nosas espías por todo o reino para atopar un retrato do Juanca que poder colgar no consistorio municipal, unha pintura que lle faga xustiza o porte, a campechanía e o populismo que loce o Borbón de Borbóns. E isto foi o mellor que puidemos atopar.

Se a alguén do PP de Santiago lle interesa unha copia en alta resolución, que nos envíe un correo, que lla conseguimos.
1 comentario
30 Xullo, 2007 en 10:41
Non me parece xusto que comparedes a un supervillano de banda deseñada co monarca eshpañol. Ambos poden ser especialmente carismáticos (un máis campechano có outro, porén), pero a diferencia é que mentres que Magneto abusa dos seus superpoderes especiais para procurarse unha posición de privilexio na sociedade menosprezando os dereitos constitucionais do pobo, Juancarlos… (…) Agarda, cal era a diferencia?