Polo Parvo de Cela
Novo sistema de televisión á carta da Galega. A galega ten unha televisión para ti. Cal é a túa?:
A televisión de Anxo:
8:00 Himno nacional coa bandeira ondeando sobre o ceo de Allariz
8:05 Os Galetubbis
9:00 Telexornal nacional da mañá
10:00 Magnum
11:00 A Revista Nacional
13:00 Os Nosos Montes (Reportaxe)
13:30 Os Nosos Maiores (Reportaxe)
14:00 As Nosas Empresas (Reportaxe)
14:30 Información Nacional
15:15 Traíñas
15:30 Paixón en Melide (Telenovela)
16:30 Amar en Ferrol (Telenovela)
17:30 O Noso Programa (presentado por Xosé Manuel Piñeiro)
20:00 As Nosas Parroquias (Informativo)
20:30 Información Nacional Nocturna
22:00 Luar
24:00+ Cometeron dous erros (Filme protagonizado por Clint Eastwood)
A televisión de Alberte:
8:00 Jim Morrison cantando This is the end con imaxes dos incendios de fondo
8:05 O Outro Holocausto (Documental sobre a situación dos castelánfalantes en Galicia)
9:00 Parte de danos da mañá (informativo)
10:00 Magnum
11:00 A Revista: programa sobre festas e Romerías
13:00 Calquera tempo pasado foi mellor (Programa sobre a historia do goberno autonómico)
14:00 Biopic sobre Manuel Fraga
14:30 Entrevista co líder da oposición (Presentado por Xosé Ramón Gayoso)
15:15 Dúas mulas e unha muller (Filme protagonizado por Clint Eastwood)
17:00 Fútbol: amistoso entre o Ourense e o Negreira comentado por Xosé Manuel Piñeiro
19:00 A tarde da Galega (Presentado por Xosé Manuel Piñeiro que entrevistará a Xil Ríos e Alberte Núñez Feijoó)
20:30 Estado de Alerta (Informativo)
21:30 Luar
A televisión de Emilio:
8:00 Himno galego interpretado por Jim Morrison cunha bandeira española ao fondo
8:05 O Tempo
9:00 Telexornal (presentando en inglés con subtítulos en galego e español)
10:00 Magnum
11:00 A Revista da Modernidade e da Tradición de Galicia e España da Mañá e do Mediodía
13:00 Minireportaxe sobre Juan Gris
13:15 Anatomía de Grey
14:00 Ceo Gris: Programa de información meteorolóxica
14:30 Telexornal obxectivo
15:15 O tempo
17:00 A tarde da Galega (Presentado por Xosé Manuel Piñeiro)
20:30 Informativo Obxectivo
21:30 Luar
24:00+ Inferno de Covardes (Filme protagonizado por Clint Eastwood)
13 Comentarios
6 Setembro, 2007 en 8:44
¿E Ana Kiro? ¿É que ninguén se lembra nunca de Ana Kiro?
6 Setembro, 2007 en 10:02
Ana Kiro está de baixa, tampouco abusar.
6 Setembro, 2007 en 14:03
Sempre se poden poñer os recopilatorios dos mellores momentos de Ana Kiro no Luar e nos múltiples programas de Xosé Manuel Piñeiro.
6 Setembro, 2007 en 14:28
Eu penso que a peli de touri debería ser Grease, non si?
6 Setembro, 2007 en 15:29
Certo Aranha, concordo contigo pero tamén coido que Clint Eastwood e o western son sempiternos na Galega.
6 Setembro, 2007 en 15:38
Eu votarei a quen repoña alo¡ alo¡ e granxeiro derradeiro modelo
6 Setembro, 2007 en 17:14
Por muito que lle cambien o logotipo e a imaxe corporativa a TVG sempre será Teleghalpón.
6 Setembro, 2007 en 20:51
haberia que repoñer tamén “george e mildred”..
7 Setembro, 2007 en 0:43
Eu faría unha adaptación de Dallas . Unha teleserie de intrigas e relacións “familiares” ambientada en san Caetano. Na que Bobby e XR en vez de ser irmáns serían dous socios de goberno. Quen sería XR e que Bobby??.
7 Setembro, 2007 en 0:50
Xa, xa. Moi ben Brais. E que me queres dicir que PamelaS e ue Ellen son a Caride e Anxeliña.
7 Setembro, 2007 en 6:43
Sodes os malditos amos
7 Setembro, 2007 en 8:48
e Cantinflas? hombrepordiós! que é a Galega sem Cantinflas!!!!
7 Setembro, 2007 en 12:10
Magnum rules!
E iso, non abusedes da pobre Ana, que non está moi católica.