TITULARES DE PRENSA DO DÍA 1, DO ANO 1, DA ERA POST-LOSALIANA.
-La Voz de Galicia:
Losada deixa o bipartito tras louvar a traxectoria empresarial e humana de Santiago Rey
-Faro de Vigo:
Antón Losada marcha da Xunta sen fixar os prazos de chegada do AVE a Vigo e da Variante de Cerdedo
-El Correo Gallego:
O socialismo coruñés de Méndez Romeu provoca a caída de Losada trala súa valente defensa da Cidade da Cultura
-El Ideal Gallego:
Paco Vázquez celebra a saída de Losada e acúsao de fomentar o exterminio do L na cidade
-La Opinión de A Coruña:
Antón Losada tamén obtivo unha participación eólica na serra do Xistral e un piso no Parrote
-Galicia Hoxe:
Losadazo (con foto de A.L. metendo o dedo no nariz)
-La Región:
Baltar ofrécelle a Losada asilo político e non descarta que lidere a reconquista do feudo alaricano
-El Progreso:
Cacharro a Losada: “Non te queixes, que en dous anos é imposible collerlle aprezo ao posto”
-El País:
O Presidente Touriño tumba a Losada logo da loita dos carteis da Vicepresidencia destapada por El País
-ABC Galicia:
Os duques de Lugo, pouco afectados pola purga ao secesionista Losada
-El Mundo:
Cae o número dous de Quintana, o máximo impulsor de levar un himno de paletos ás escolas de paletos
7 Comentarios
7 Setembro, 2007 en 7:07
Temblade pobres estudantes…
Xa volveu… e agora esta enfadado moooooi enfadado
7 Setembro, 2007 en 7:14
Os inspectores de educación deberían de ter a este homiño mais vixiado. os seres humanos non teñen porque pagar os desequilibrios mentais de un dexenerado.
9 Setembro, 2007 en 18:36
Sodes os mellores!
Permitínme copiar no meu blog esta última entrada, porque fartei de rir con ela e gustaríame compartila.
Moitas gracias por facernos rir e polo inxenio que tedes.
Un saúdo.
Loli
10 Setembro, 2007 en 22:05
Impresionante. Me he reido un montón. Espero que no os parezca mal que os haya enlazado en mi blog y haya copiado un trocito.
10 Setembro, 2007 en 23:40
[...] que en clave humorística, non quero deixar de recomendarvos tamén a lectura dunha revista de prensa sobre a saída de Losada fabricada nesa industria do inxenio como é Galpón de [...]
11 Setembro, 2007 en 11:31
Ben, grazas a todos os que nos citan, é un pracer ser admirado e bla, bla, bla… Falo en nome do GdB cando digo que tedes a nosa autorización para coller o que vos dea a gana deste blog, sempre e cando repartades con nós os cartos que gañedes.
Contestovos algo tarde porque tivemos que convencer a Medulio de que non vos podía denunciar por plaxio nin tampouco botarvos enriba a Antón Losada. Co décimo valium xa está máis pacífico, pero tamén máis incapacitado, por eso teño que escribir eu a resposta. Pero el di que sí a todo, que conste.
11 Setembro, 2007 en 17:33
Gracias por el permiso, yo pongo el símbolo de CCC, es decir, cada uno coge lo que quiere siempre que no sea para hacer pasta.
Lo dicho, gracias.