¿Que obsesión ten Touriño cos peixes planos?
Entries from Outubro 2007
28 Outubro, 2007
O que reparte e o que está aparte sempre queren a mellor parte
Por Calpurnia Abaneada
Por fin entendemos por que non se reforma un sistema electoral descompensado no que importan máis os votos dos netos duns emigrados ás Américas que endexamais pisarán a nosa terra cós dos galegos que traballan en Canarias ou Cataluña e non poden opinar nas municipais: ninguén quere ser o primeiro en sacar a [...]
23 Outubro, 2007
CONDE ROA PIDE PERDÓN AO GALPÓN DE BREOGÁN
Acaba de chegar ao Galpón unha carta de Gerardo Conde Roa. Coñecidos son os piques que nos últimos tempos vimos mantendo os galponeiros con Gerardo, pero chegou a hora do perdón, porque como di Gerardo, “pedir perdón no envilece”. Gerardo comeza así a súa misiva:
“Entiendo -y como es obvio todo es opinable- que, pedir perdón [...]
21 Outubro, 2007
Quintana, guarda da urbana
Por Calpurnia Abaneada
Un dilixente axente que non dubidará en sacarche os puntos dos carné de gobernación se te saltas os stops e as promesas de autogoberno…
20 Outubro, 2007
VIGO, NON.
por Moi Xordo
Con este título non trato de andar a buscar comparanzas do tipo: quen a ten máis grande, Lotina ou Stoichkov ( o que está claro en quen ten os ovos máis grandes…). Trátase de subliñar a noticia que estes días deu a patronal galega: A Coruña superou a Vigo como primeiro motor industrial de [...]
19 Outubro, 2007
Os asesores amnésicos do Gaiás
Peter Eisenmann’s Productions presenta…
Persoal de total confianza, non si?
16 Outubro, 2007
Yoli e Antón (lovestory)
Por Antón Fraguas (dedicado a Aduaneiros con admiración)
Escena 1 (interior,día)
Unha parella fala na cama, pola fiestra intúese a luz do mencer.
Ela: Antooon
El: Grrr
Ela: Antón, estás durmido?
El: Grrrrrrr
Ela: Antón!!!!
El: Déixame durmir, Yoli, hostia!
Ela: Antón, caramelito, ¿que podo facer con estes de Atuneiros?
El: ¿Que che fixeron, muller?
Ela: Vestidos…
El: Condenados!!
Ela: ¿E non poderías facer unhas chamadiñas das túas?
El: [...]
16 Outubro, 2007
Un xesto por Xxxpaña
Por Frouxeira
12 de Outubro. Día feirado, comezo de ponte, Festa do Pilar, Festa da Hispanidade. Para algúns, festa nacional, para outros, festa, esmorga, chea. Así resolvemos neste país as festas. Que sería do día de patrón sen o seu churrasco, o seu bon pulpo, unha botella tras doutra e os efectos colaterais consecuentes!
Difícil situación para [...]
15 Outubro, 2007
A carta do Quin
por Viriato
Querido presidente mago:
Quero que saibas que durante todo o ano fun un nacionalista bo, non discutín (de máis) cos meus socios de goberno, porque sei que che son ben queridos, despedín a ese asesor meu tan desagradable, vouche aprobar os orzamentos xerais do Estado, comín todo o que me serviron na cafetería da Xunta [...]