por Moi Xordo
Con este título non trato de andar a buscar comparanzas do tipo: quen a ten máis grande, Lotina ou Stoichkov ( o que está claro en quen ten os ovos máis grandes…). Trátase de subliñar a noticia que estes días deu a patronal galega: A Coruña superou a Vigo como primeiro motor industrial de Galicia; ORDIA¡¡¡
Si amigos, é a caída definitiva da antiga orde galega: os ‘coruños’ (chamados así cariñosamente polo resto dos galegos) xa non son só a capital xudicial de Galicia dende os séculos escuros ata hoxe, se non que agora tamén o son a industrial. Que será o próximo ? A Relixiosa, a administrativa, a universitaria…Treme Santiago, pronto iremos a Arteixo coller os avión de baixo custo Zara airlines ou Amancio airlines que mola máis, ( carallo, vou mañá a rexistralo ! )
Pouco a pouco sen darnos de conta xa non só controlan os nosos cuartos, tamén o sumisnistro da luz e de internet ou sexa a maioria da información, as perversións favoritas dos galegos, a cervexa a auga a nosa forma de vestir, a prensa, a radio, a itv, as productoras da telegaita, o que comemos…si amigos de Lugo, Ourense e Pontevedra preparadevos para a fin progresiva da nosa muralla de Adriano particular, comenzou “ A caída do imperio fraguiano”:
Marco Aurelio (no seu papel Manuel Fraga) é un emperador filósofo pero que nadie entende o que di, creara o principio dos tempos unha orde baseada en manter a unión dos caciques ancestrais das provincias máis periféricas para facer fronte a superioridade da cidade da torre (que non faro para non confudir con Vigo).
Pero este tradicional equilibrio corría o risco de romperse por mor das loitas entre os seus sucesores: O seu xeneral máis victorioso Livius (no seu papel Pepe Cuíña) creador dun autentico emporio que podía facerlle fronte a superioridade coruña, e o seu fillo putativo Cómodo (No seu papel Nuñez Feijóo) un enchufado dos coruños que fixera méritos fóra. As duras loitas entre eles precipitou que outros se fixeran có mando da Xunta e dende entón ese equilibrio foi esnaquizado e Galicia esta venta do maior postor (véxase Amancio Ortega).
Sí, o anuncio ese do Gadis nos está avisando a cabalo do próximo que ven: Unha invasión madrileña atraída pola promoción turística de Galicia feita nas series de éxito españolas. Os coruños entrarán ahí vendendo a Galicia por parcelas quedando coma unha xigantesca promotora que, de paso, suministrará e controlará tódalas súas comodidades.

Só un home pode salvarmos e ese é Gladiator Cuíña, agora mesmo está a ver como se mantan polo título de emperador mais está a levar a cabo un adestramento secreto que o levará de novo a ser o gladiador invencible que era antes. Dentro de pouco sairá dende Lalín, (torso desnudo e bronceado, gladius e escudo en man e ademáis boina calada na testa) e os seus rivais irán mordendo o pó ata o duelo final a morte con Cómodo que lle voltará o fin a súa honra e entrará por as rúas de Ourense e Lugo coas cabezas dos invasores do medio ambiente e rural e tamén do traidor Cómodo.
Quedan só dous anos, e dende o Galpón so podemos dicir unha cousa: Hai que roelo Pepe¡¡¡
1 comentario
18 Xaneiro, 2008 en 17:22
[...] eu que pensaba que estabas adestrando para voltar a loitar na area…¡ sniff [...]