por Viriato
Ante a crecente complicación e enrevesamento da Insigne Comisión para Investigar Onde Foron os Cartos do Gaiás, o Galpón de Breogán (GdB) ofrécelles unha guía para comprender do que alí se conta sen aguantar rollos macabeos. GdB, sempre ao servizo da ama de casa.
Posoloxía e modo de emprego: Substituír toda declaración dos implicados da resolución do Misterio da Cidade da Cultura polas que se lles atribúen baixo estas liñas. Gañarase tempo e entenderase todo mellor.
![]() |
Carlos Aymerich: ¡Delincuentes todos! Que asco, é entrar aquí e poñerme de mala ostia, cagón to. |
![]() |
Xocas Leiceaga: Papel que miro, chanchullo que atopo. Así nos vai. |
![]() |
Nachete López-Chaves: O Guggenheim de Bilbao tamén foi moi caro. E a Muralla Chinesa, nin lles conto. E por certo, díganlle a conselleira que me debe un lote de papeis. |
Jesús Pérez Varela: ¡Cada patacón que gañei foi traballando coma un desgraciado! ¡Non saben vostedes o choio que da poñer a cuñados e amigos á fronte de todas as empresas ás que lles encargaba obras!
Jesús Pérez Varela (bis): Nos gastamos ’só’ 280 millóns no Gaiás. O resto é culpa do bipartito, que atrasou ás obras e pagounas máis caras. E si, vale, cando era conselleiro en funcións deixei licitados 100 millóns máis, pero gastar, gastáronos eles.
Peter Eisenman: Asegúrolles que eu non tiven nada que ver coa desaparición de Madeleine McCann. Se podo paso por alí un día para contarllo.
Cuñado de Rajoy: Pois eu mandei un currículo e colléronme. Non sei por que a xente di que é dificil atopar traballo neste país, os que emigran a Canarias está claro que son uns apampados.
Comparecente xenérico: Siii… algo asinei…. pero asino tantas cousas. E cobrar, cobrei, … pero cobro tantas cousas. Non lembro nada.
Representante xenérico do PPdeG: ¿Por que perdemos o tempo con isto, estando como está a Vía do Barbanza?
Procuraremos sacar futuras entregas desta guía a medida de vaia avanzando a feira. Permanezan atentos aos seus monitores.


