30 Novembro, 2007...20:26

O maior perigo para os obreiros

Saltar a Comentarios

por Viriato 

Exercicio de redacción
Cursiño de prevención de riscos laborais
Consellería de Traballo

Analizar e razoar cal é nestes momentos a obra máis perigosa das que se realizan en Galicia. Escoller entre:

O AVE en Ourense, tamén chamádo ‘A Madrid hai que chegar rápido’

ou

O porto exterior da Coruña, tamén chamado ‘Pacopuerto’

A continuación, xustificar o por qué dos accidentes que se producen aló cada catro días.
Valorarase o uso de argumentos como:

- “A culpa é dos obreiros, que non poñen o casco nin de coña”
- “A culpa é dos obreiros, que van escoitando o mp3 mentres conducen a retroescavadora”
- “Sempre xurden imprevistos”
- “O risco é inherente o traballo”
- “Dios aprieta pero no ahora”
- “Timeo danaos et dona ferentes”
- outros similares

Deixa un comentario