1 Decembro, 2007...12:00

A CIDADE DA CULTURA TEN MÁIS DUN MILENIO

Saltar a Comentarios

! Longa vida o Galpón ¡ 

Os derradeiros achádegos arqueolóxicos atopados na catedral de Santiago, que se lle agochan a opinión pública non teñen que ver con Prisciliano nin con esos farrapos de gaitas.

O século XI fora un século turbulento nas terras hispánicas e tamén en Galicia. Diego Peláez arcebispo de Santiago era o verdadeiro gobernador destos lares pois a herdeira do noso reino dona Urraca, estaba máis ocupada na procura da unidade do Imperio hispánico que en permitir que Santiago e o Reino de Galicia chegasen a ser a cabeza da cristiandade de occidente como pretendía Peláez.

 

Diego Peláez, e Dona Urraca non moi agraciada pero sempre feminina. 

Este creara un ambicioso proxecto para trocar a Santiago na Alexandría de occidente e isto incluía unha catedral nova como todos sabemos pero tamén unha serie de bibliotecas, centros monásticos e escolas de traductores como nunca endexamáis se vira, e todo para competir coas sedes arcebispais de Braga e Toledo que xa remataran os seus proxectos, o estilo da competición esta das obras para os xogos olímpicos. Para isto pediu a colaboración dun arquitecto recoñecido de fama internacional o que lle prometeu o ouro e o mouro: Tratabase do mestre Mateo arquitecto de reconocida fama o longo de todo o camiño de Santiago e máis alá.

Mestre Mateo e o proxecto do arcebispado Toledano.

Pero os plans de Peláez se torceron, foi acusado de benefiarse dos estragos que os barcos dos Normandos producían nas nosas costas, e caeu en desgraza tanto así que o botaron do seu arcebispado. Os novos gobernadores entón de Galicia pasarían a ser o arcebispo Xelmírez e o Conde de Traba en tanto o Rei neno Alfonso non aprendese as dotes de bo goberno, e entre tanto os dous non souperon que facer co sobredimensionado proxecto de Peláez e se adicaron a intentar que o goberno do Imperio recoñecese a importancia do proxecto e lle adicase algúns maraberís.

O Rei Alfonso, o ambicioso arcebispo Xelmírez e o patriota Conde de Traba.

AVISO: Non vexades “Historias de Galicia” os Domingos a noite fumados, o Galpón non se fai responsable.

12 Comentarios

  • E seguimos sen cultura!!! Porque o antigamente-coñecido-coma-OFF tamén feneceu. O Escorial, de terse feito aquí, nunca se tería rematado. Graciñas ó mestre Mateo que tiña carácter empecinado coma unha cabuxa.
    Interesante e empático blog. Hei voltar.
    Apertas!

  • Non hai como unha pinga de ironia para casos tan disparatados como iste

  • Non hai nada coma a historia para refrescar a memoria…

  • Creo que a cidade da cultura merece mais respeto do que lle tedes.

  • Estou con Pancho Villares, a cidade da cultura é algo que temos ahí, e a c**llóns hai que terminala, no futuro será un grande escaparate da nosa cultura, agardo que ben xestionada por xente preparada sexa unha fonte de ingresos para a nosa maltratada economia e sirva para espalla-la nosa cultura por todo o mundo, para darnos a coñecer en calquiera recuncho do planeta, temos moito que ofrecer.

    un saúdo.

  • Si ho. Ao final inda che vai ser unha mágoa non poder vir dentro de mil anos a ver en que quedou todo e se o rei neno chegou a gobernar ou se limitou a escribir cantigas.

  • Morreu o Ghalpón? secuestrárono como ao Jueves? raptaron os seus membros? que carallo pasa? Botamos de menos a vosa fina ironía. Actualizádevos, “esgrimide” as vosas neuronas, como dixo a nunca ben ponderada Anita Obregón… Voltadeeee

  • A culpa de todo o final tena Richi Varela e o exército de psicólogos do CEFOU que non nos deixan superar as probas de acceso para chegar a ter un bo traballo, e claro non temos cartos para interné e temos que emigrar e escribir por cuartos.

    O negro de frouxeira.

  • ..Ao melhor resulta que a Catedral de Santiago no seu dia também era um mamotreto insustentável no meio de imensos prados e corredoiras com vacas a pacer…

    …será a Cidade da Cultura no futuro um grande monumento? Por enquanto, à Galiza de hoje em dia, o que lhe supom o invento este é umha sangria monumental.

  • A loxia masónica do Galpón estaba abraiada polos derradeiros acontecementos: A destitución de Antón Losada, a morte de Pepe Cuiña, o divorcio de Conde Roa.
    Foron duros golpes difíciles de encaixar pero arestora estou en poder de dicir que nos estamos a recuperar e nuns poucos días agardamos voltar a compracer a os nosos miles de seguidores, sobor de todo os de Outes un saúdo pra todos eles.

  • puff, menos mal, xa tiña mono. Sobretodo despois da terrible perda dese grande prócer que era PP Cuíña


Deixa un comentario