22 Abril, 2008...21:41
OS PASTORES DE La CORUÑA
A Rexencia.
O Banco Pastor, ese banco que nas súas sucursais o entrar, recíbenche un señores con boina, caxato, e cortando un queixo cunha navalla e que presume de galego. A día de hoxe, fala de Galicia como rexión , e sitúa a súa sede central en “La Coruña”. A xustificación deste desfase legal temporal, segundo seu presidente Jose María Arias ( Que nome tan preconsticional ) e o seu xefe de comunicación Alejandro Kowalski Bianchi ( Este ten de pais, uns galeguistas eminentes ), está en que o despegue da entidade comenza coa autarquía franquista, esto é 1939. Claro e dende aquela non tiveron tempo de trocar a súa denominación oficial…home non van deter agora o despegue, de esta entidade tan solvente que está a pasar os seus mellores e máis doces momentos.

So mente expresar os nosos mellores desexos a esta entidade, e outras que presumen de favorecedores do crecemento ea economía do país, pero só grazas a ir estreitamente ligadas o poder, agora votaran de menos:
O Bendito ladrillismo e clientelismo, que nos daba seguridade e riqueza os que máis tíñamos !
E nos dinrán : Hai que vai ser de nós, Galicia, nas augas confusas do capitalismo global, axuda irmáns !
Tamén lembrar esa política laboral tan racional e xusta, que consiste en por as mellores falmilias de Galicia a traballar para eles, e os non tan afortunados que fagan carreira fóra de Galicia, haber se sobreviven…A cada porco lle chega o seu San Martín !
4 Comments
23 Abril, 2008 at 10:53
estou vendo a eses empregados pedindo diñeiro polas portas e hai algo que me fai desconfiar aínda do san martiño.
23 Abril, 2008 at 11:42
Si, os cartos son coma a enerxía, non desaparecen transformanse.
27 Abril, 2008 at 18:16
Entiendo que se esté desfasado por llamar a la autonomía ragión, pero que tenga la sede en Coruña (ya sea A o La) no es nada raro. Caixa Galicia tiene su sede principal en la Calle San Andrés de Coruña.
Por cierto, como coruñés, hijo, nieto, bisnieto, tataranieto, etc de Coruñeses seguimos llamando a la ciudad La Coruña. Porque A Coruña NO EXISTE.
De hecho el topónimo en Gallego no tiene artículo y sería Cruña. Así lo pone por ejemplo la cruz de los mártires de Carral. La documentación medieval ya pone La Coruña con la L
13 Maio, 2008 at 14:24
David
O nome oficial en galego é A CORUÑA, e por suposto que leva o artigo diante, iso de Cruña son cousas do pasado, non me veñas ti a dicir que como se escribia asi hai séculos imos a seguir a chamarlle de tal maneira, tamén os veciños de San Petersburgo poderian seguirlle chamando a súa cidade LENINGRADO (pola túa regla de tres)
Un saúdo e parabéns polo blogue a os autores
Leave a Reply