5 Maio, 2008...20:12
O TRASTORNO BIPOLAR DE AYMERICH
O negro do GdeB
O portavoz do BNG no parlamento galego, Carlos Aymerich ( Nome de dianteiro arxentino, cara de seminarista aventaxado ), ven de ser o protagonista da actualidade destos días, por un artigo chamado “Nervios”. Neste artigo puña en cuestión o traballo dos socialistas nas súas cosellerías, o portavoz do PSOE Ismael Rego ( A versión masculina de Mª Antonia Iglesias ), sorprendido, cría que este artigo só podía ser froito do seu “transtorno bipolar”. Pouco despois Anxo Quintana chamaba a calma, pero no Galpón de Breogán coñecemos ben a Aymerich, e sabemos que este artigo non expresa ben o que súas personalidades queríanos contar, con que imos analizalo ( Por facer artigos que se len máis que os meus!!! Hala, imitador barato de Leo arremec…!!! ):
“NERVIOS” polos Carlos Aymerichs.
Helena Espinosa tenciona “prescindir do BNG”( Traidora españolista !/Home, tal como imos ! ). Touriño quere contar cunha maioría suficiente para gobernar “con total autonomía” ( Hai que evitalo, xa estou a ver un exército de flamencos no Obradoiro tocando o himno !/ Eu tamén quería iso ! ). Helena Salgado advirte que para transferir o tráfico vai haber ainda moito que falar. E os alcaldes do PSOE, desta vez xa sen requilorios, defenden que a calidade –e o prezo– da vivenda debe depender en exclusiva do albedrío dos construtores ( Que son todos uns coruños papistas españolistas !/Seguro que dixeron eso, nos dicimos outra cousa ? Ah ! Sí que dependan do que digamos nos… ). Así andan as cousas.

Andan nerviosos. E teñen razóns ( Jajaja..sobor de todo despois de ler o que sigue/Buff!! Como teñan que levar Medio Rural e Vicepresidencia, estarán a rezar para que sigamos nós ! ). Porque consumidos xa tres anos de lexislatura a sucursal galega do PSOE ( Imperialistas, neocons !/Carallo, os nosos socios ! ) ten un magro balanzo que lles apresentar aos galegos. Moi pouco en Sanidade ( Inútiles, que nos xa teríamos un médico persoal por xubilado/Carlos,Carlos xa fai demagoxia co tema o PP ), escaso en Educación ( Onde están os anglo-chino-galego parlantes de 3 anos ?/Menos mal que non temos que aturar os de Galicia Bilingue ), inexistente en Medio Ambiente ( Contaminadores de ríos, seguro que sodes os que prendedes lume !/Nos prometimos quitar ence da ría, montes levamolo nós, non ? ), nulo en Presidencia e Xustiza ( Quero un exército propio e unha xustiza de druidas !/ Que vai facer esta consellería, se souperamos para que vale ? ), negativo en Traballo ( A metade da xente se adica impartir cursos da UGT, ea outra a recibilos !/ Home, os accidentes laborais baixaron o paro tamén grazas o goberno galego, non ? ), invisíbel en Economía ( Porque a Xunta non voltanos outros 400 Euros/ Home, Galiza é das comunidades que máis medran, hai temos Industria, non ? ) e cativo en Pesca ( Touriño quere que toda Galiza sexa unha piscifactoría/Pero tamén é certo que as nosas rías esgótanse ). Chegarán os quilómetros de asfalto que Política Territorial ( Facer estradas para que veñan de Madrí a engulir os froitos da nosa terra !/Que axiña se vai de Santiago a Allariz ! ) anda a licitar para, ao xeito de Fraga, equilibrar as contas xa na fin do mandato?
Pola contra o BNG ten un programa transformador ( Xa cambiamos todo en 3 anos !/Mellor vou por “teima en levar a práctica” ) e teima en o levar á práctica: o Banco de Terras e a nova política florestal, o sistema galego de ben-estar con participación dos concellos a través do consorcio (que xa agrupa dous de cada tres municipios galegos), unha nova política enerxética sustentábel que mira porque os beneficios xerados cos nosos recursos naturais fiquen no país, unha nova política de vivenda que atende os intereses da xente, e, en fin, unha aposta sen complexos pola posta en valor e a difusión internacional da nosa cultura e deporte ( Temos xa unha nova xeración de artistas, científicos e deportistas que deslumbran o Mundo !/Vale non é certo, pero os partidos da selección galega molan ! ).
O PSOE pedirá a confianza dos galegos como garante do vello ( Avós papaostias ! Primeiro o Fraga, e agora este !/Carlos, Carlos…que a maioría dos galegos son vellos e lles gusta o vello, se lle tocas o carallo a Touriño será pior ! ) . O BNG dirixirase á maioría de galegos que queren que as cousas muden de verdade ( Dádenos máis votos e máis consellerías e veredes !/ Seguro que son as cousas que dixen antes, as que a xente quere mudar ? ) e que por iso apostaron, vai xa para tres anos, por un goberno de cambio. Que o pobo decida.
1 Comment
6 Maio, 2008 at 20:25
non podería estar máis de acordo
ex-pgvbe
Leave a Reply