por Moi Xordo
No día das letras galegas, certamente a nova más lida e vista do día sería a lista de Don Luis Aragonés no Marca, eu penso pola contra que esta da Nosa terra é mellor , sobor de que a industria do porno medra en Galicia, digo eu en que idioma será este “follar de Breogán” da praza do Obradoiro ?. Pero…ahí está o noso disléxico e “progre” Presidente para innovar e darlle a volta o panorama informativo, poseído polo espíritu de Hugo Boss coma cando fora o do himno en flamenco. Por certo este home será o encargado do himno, no próximo día da patria:
A súa innovativa levoulle a levar o Día das letras galegas a Bos Aires, aquí contano dun xeito como lle gustaría a Touri, con aplausos de Díaz Pardo e Alonso Montero incluídos. O que non contan é que os socialistas arxentinos, fideis o seu estilo discreto, promocionaron o acto cun cartaz do estilo deste:

Non se supón que agora os mortos, e os emigrantes ían a votar por fin en urna ? En fin, a Touri parece que non lle importa que lle recurtaran o censo do exterior, vai sobrado de votos e ideas. Algúns puxéronse xa a criticar esta nova iniciativa, pero pensaron nos novos vieiros artísticos que nos está a abrir o noso “presi”, aqui vos deixo cunha versión lusófona ( Para os nosos amigos reintegrados, se sintan integrados) de “Cambalache” , na que sevidor aparece no video, exemplo do que a fusión nos podería dar, tamén é un homenaxe a Touri por mellorar o seu galego perante estes anos (A min persoalmente gústame máis esta do “Polaco” Goyeneche, esta adicada a Galicia Bilingüe !):
Vémonos o domingo, coa esperanza de que o século XXI sexa mellor para o galego !
1 comentario
21 Xuño, 2008 en 9:22
[...] A realidade é que Touriño (¿ou Tourinho?) compareceu para falarnos da súa derradeira viaxe a Sudamérica (a do cartelito con Zapatero e bandeiras socialistas xunguido ao seu posto institucional) e os escanos dos nacionalistas do goberno estaban baleiros…(3ºDÍA DAS LETRAS “GALLEGAS”) [...]