Rexencia e familia
Despois do pasado fin de semana, día do orgullo “friki”, a cidade da Coruña estase a repor da visita do seu outrora alcalde e arestora embaixador galáctico Paco Vázquez. Ninguén tan “firki” podía deleitarnos coma el nesa sinalada data, creador do festival de banda deseñada e ex-político particular onde os haia.
Pero o embaixador Vázquez, dende fai anos gobernado polo lado escuro, non se conformou con vistar os seus paisanos, se non que tratou de levar unha vez máis o xoven “padowan” Losada o lado escuro da forza. Tras recomendar os cidadans da vila herculina marcar a X da igrexa do IRPF, defendeu a permanencia da simboloxía franquista nas rúas coruñesas, acompañado dos sectores económicos e conservadores da cidade.

1 comentario
20 Xuño, 2008 en 21:23
[...] pola liberdade á hora de rotular os seus negocios (a primeira parte fora cando Darth Losada (2º DÍA DO ORGULLO CORUÑO, home, non se refire o mesmo Losada, pero extrana asociación, por que de sobra é coñecido o [...]