Música ilustrativa do texto:
Don Manuel estos días e un dos grandes protagonistas da actualidade, grazas a unhas declaracións donde mostraba as súas preferenzas por Obama, candidato demócrata a presidencia dos USA, en prexucio do candidato republicano MacCain:
-¿Considera que sería una buena noticia que Obama saliera elegido presidente?
-Sí sería una buena noticia. A mí me alegraría.
-Pero tendrá usted más simpatías por McCain que por Obama.
-No, yo no tengo más simpatías por McCain. Yo soy de centro reformista, como Obama. Y además yo empecé antes que él.
Decontado varios seguidores de Fraga, o centrismo reformista do PP, e seguidores de Malcom X, construiron unha páxina para dar o apoio necesario, a unha candidatura de Don Manuel como candidato as eleccións de 2012 polo PP. A xente de Galicia, e máis concretamente os seus anteriores vellos seguidores, non saen da súa sorpresa, dende que o gran centinela de Vilalba deixou a Xunta e marchou pra capital. Pero a nós non nos sorprende dispoñíamos de datos da súa biografía, ata agora descoñecidos…por eso Fraga di na entrevista o de “Y además yo empecé antes que él”.

O Obama galego viviu unha vida axitada dentro do corpo diplomático franquista, a súa etapa como ministro de información e turismo foi decisiva; o xoven Fraga coñeceu o movementos de liberación africana (que culminaron co seu apoio a independenza de Guinea Ecuatorial), e máis adiante os de defensa dos dereitos civis dos afroamericanos. A radicalización de Fraga fora tal, que o goberno franquista non tivera outra que apartalo do goberno, e mandalo de embaixador a Londres en 1973.

Pero todo esto era falso, unha montaxe para non desprestixiar o xa decadente réxime; o Galpón de Breogán ten probas inequívocas de que Manuel Fraga Iribarne durante esa etapa, foi un dos líderes máis salvaxes dos Panteiras Negras. De feito non só e un dos pais da Constitución senon que tamén é un dos pais do famoso “Programa dos dez puntos”.
2 Comentarios
19 Xuño, 2008 en 15:33
Él foi o primeiro progre do mundo. O de Ministro de Franco foi un simple accidente, pasaba por alí. Eu non fun que foi pachín. Non te fode!!!!!!!!
Le pen…tamén anda na súa liña.
Fraga fixo tanto pola evolución de Galiza, pola súa cultura, lingua, xente en xeral…
E eu son napoleón!!!
Saúdos a todos. Moi bó o post de humor do Galpón.
19 Xuño, 2008 en 15:42
Moitas grazas e…
Nonr teñno máirs que dicirrr, cm es ntral !