O Comité de saúde pública do GdeB
O Partido popular ven de celebrar o seu Congreso nacional en Valencia, eo noso representante local traenos a “boa nova centrista”, por aquelo de que o populares europeos deixaron de ser demócratas cristianos a ser demócratas de centro, pasando a ser o “centro” o novo concepto filosófico político que define o partido (…o centro de que ? Se así se cargan os lados). E todo a pesar dos puñais, as desercións dos últimos tempos, e oposición do sanedrín periodístico madrileño; consagrando a Rajoy como a indiscutible estrela da metafísica centrista.
Núñez Feijóo: “excelente boa nova para os cidadáns, nun tempo de malas noticias e un contexto de crise económica”.
Tamén o congreso permitiu reforzar a democracia interna, e permitir os militantes galegos decidir o presente eo futuro do partido. Que menos ! Tendo o PP en Galicia 100.000 militantes (PSOE=10.000,BNG=8.000), que son unhas cantas lexións e non sei cantos cohortes, pero que pasa ? Antes non eran decisivos 100.000 militantes, dos 750.000 totais ? Co que quedamos tranquilos con que o partido con máis galegos, estea gobernado con Fraga de ideólogo renovando o partido coas súas mozas ideas, e Mariano Rajoy de presidente.
Núñez Feijóo:”Deste xeito, a proposta que afonda na democracia interna e articula a celebración de eleccións primarias no seo do PP saíu da experiencia do congreso sucesorio do presidente fundador, Manuel Fraga”.

Entón o PP mudase así como di Feijóo en: “partido cordial e de centro”. Co que como faría o propio Alberto, despois de leer os seus apuntes de segundo de márketing, o PP pasa da noite a mañá de ser un deterx…digo un partido con máis centrismo de serie, co que coido que xa non poderán cantar nas súas xuntanzas o de “a por ellos oe”, e moito menos o clásico ourensano “si no eres del PP jódete, y vuelvete a…”. Temos a canción que corearán dende agora os seus centos de miles de militantes, e de simpatizantes dende agora:
1 comentario
25 Xuño, 2008 en 13:58
Agora…Rajoy é de centro. Co discurso que tivo durante catro anos de fantasmas en montes non moi lonxe…agora dí que é moderado, de centro, de futuro e que aposta polas mulleres. Ou mentíu antes ou minte agora. Logo minte. Que o trasladen coa celulosa, ou!
Digho eu.
Saúdos atodos.