O Lord Protector do GdeB
O Doutor “honoris causa” Manuel Fraga o sábado 30 en Soutomaior, nun acto dos populares, voltou subirse a tribuna de orador, e como nos ten afeitos viaxou no espacio e no tempo…
Despois de afirmar alí que os nacionalistas periféros, son traidores a Constitución e a España. Tamén tivo tempo de conceder unha entrevista a un diaro, na que recordou vellos tempos e o bo que era Franco: “Con Franco siempre era posible entenderse. A pesar de todo, era un hombre muy inteligente. Fue el primero que entendió que había que meter a la derecha en el redil democrático, que había que ponerse en el siglo XX y no se podía mirar atrás”
Tras mostrar a súa admiración polo dictador ea súa intelexencia, porque foi o primeiro en darse de conta diso (Ostia, como serían os outros, incluido o propio Don Manuel !). Non se descartan novos viaxes no espacio e no tempo, nos que o regreso dirá que con Franco se vivía mellor (Ou polo menos el), que o Partido Popular foi idea de Franco, que usar condón deixache cego, que Pinochet era un bo rapaz…

3 Comentarios
2 Setembro, 2008 en 15:30
Arredemo!!! Sabe o Sr. Rajoy o moito mal que lle fai este Fragheitor cada vez que fala??? Por min que os afunda a todos, pero eu lle recomendaría que o disecaran definitivamente e o amosasen na entrada da sede na rúa Génova en Madrid.
Saúdos a todos.
2 Setembro, 2008 en 15:48
Coido que Mariano sabe agora precismente, que hai moita xente que lle fai mal, para o que el quere, claro está.
Moitas grazas, furafollas ti nunca nos fallas !
15 Outubro, 2008 en 12:41
[...] debate do Estado da Autonomía celebrado esta semana. Tendo en conta anteriores declaracións coma estas, do noso famoso ex-presidente; existen 2 Fragas, ou 2 [...]