9 Setembro, 2008...9:40

O FLG detrás das vieiras contaminadas

Saltar a Comentarios

O Comité de saúde pública

 

O Frente de liberación dos galenecos brazo armado do Galpón de Breogán, acaba de asumir a dirección da rede de vieras contaminadas que enchía os nosos restaurantes máis sonados: “Foi unha medida extrema, pra coaccionar directamente os estómagos dos nosos políticos e xente da cultura en xeral, pra acadar a pronta posta en liberdade dos galenecos, retidos no interior do armario do director xeral da RTVG” ; declaraba o seu portavoz Breogán Vilariño. Tamén semella que a rede contou coa colaboración dun axente do CEFOU, segundo apunta A Nosa Terra.

Ademáis o seu portavoz asegurou, que vironse obrigados a adoptar estas medidas extremas, que danan unha das principais sinais de identidade da industria turística galega, debido a que as anteriores accións non serviron pra nada: “Levabamos máis de un ano adulterando as copas dos pubs de Galicia enteira, incluso obrigamos os donos a subir as copas pra cobrar un imposto revolucionario, pero non había maneira a xente dáballe o mesmo”.

As vieiras conteñen a toxina ASP, coñecida como ‘amnésica’, ten carácter acumulativo e pode provocar danos neurolóxicos irreversíbeis e perdas de memoria. As declaracións dos políticos e artistas galegos afectados, non se fixeron agardar:

Ernesto Chao: O papel de Ramiro Pereira xurdiu tras unha cea en Toñi Vicente, despois das vieiras non me lembraba ben de quen era, e me sentía algo parvo. A productora encerroume no plató do bar suízo 10 anos, eu non sabía nada…pasei todos eses anos comendo empanada e tomando “estrellas” con Morris, Deus ! Non quero eso para ninguén.

Manuel Fraga: Pois clr q cmn dars vieirras, cm s natural ! Por iso agora pdo dicrr q los d outr bando fxron máis barrabasadas !

Anxo Quintana: A min escolleranme coma portavoz nacional do BNG, por que era o único que tiña o talento orador de Beiras…Pero despois do das vieiras so sabía dicir: Por en valor, facendo país…

Toñi Vicente: Eran 3 furtivos ejerciendo la prestidigitación en restaurantes, y claro, me prepararan un colacao me lo bebí, y luego me diera sueño…

Pérez Touriño: Estou francamente “abromado” polo suceso, e a Xunta xa esta a “boscar” os culpables. Dinme de conta persoalmente por que dende que ”cotara” as vieiras, “follo” máis que nunca na fala, o que vai en “cricimento”. Pero que quede claro que todo o marisco galego é “manífico”!

Núñez Feijóo: Non, o de que fale o principio de frase en galego y al final en madrileño, non é de las vieiras. No partido popular defendemos o bilingüismo y que cada uno fale como lle peta !

4 Comentarios

  • Cóntaminame, mézclate conmigo
    que bajo mi rama tendrás abrigo!

    A cantos afectaría o caso da vieira????

    Teño medooooooooooooo

    Ánimo

  • A min non me afecta. Levo sen probalas dende o Nadal. Onde eu vivo nunca chegan en boas condicións, ou son prohibitivas. Pero…xa dicía eu que moitos, pero moitísimos políticos, estaban a perde-los papéis, a memoria, tamén a histórica, e non atopaba a solución.
    Agora xa está claro. As vieiras!! Os que máis consumen este molusco son os do PP. Alomenos aquí, en Madrid. Chegan en mal estado e ainda por riba as paghan a precio d´ouro. Pero como a crise non lles afecta…
    Saúdos sen toxinas.

  • “Os que máis as consumen este molusco son os do PP”.

    Agora entendo que facía Beiras na concentración de “amigos” en apoio a Toñi Vicente…

  • O Lord protector do GdeB

    En Madriiii…non seamos malos, en Galicia hai vieiras pra todos, eso si tende coidado !


Deixa un comentario