7 Outubro, 2008...9:46

AVE no 2012, de entrada non !

Saltar a Comentarios

O Lord protector do GdeB

 

Neste día que Galicia ergue, e da unha ducha pra limpar toda esa merda que trouxo o bipartito…Non home que é broma ! Non imos agora amosar o pé do que coxeamos, nin a mesa reservada que temos os xoves a noite en Toñi Vicente.

O caso é, que o Galpón de Breogán quere unha vez máis chamar o pobo galego, a unha rebelión contra os nosos dirixentes. Primeiro vexamos estes apuntamentos, sobor do tema de cabeceira da nosa política destes derradeiros tempos:

Alberto Nuñez Feijóo dice que será “implacable” en la defensa de los plazos comprometidos con el AVE

 Quintana asegura que habrá un plan de inversiones para que el AVE llegue a Galicia en el 2012

 Zapatero garantiza a Touriño que al AVE llegará a Galicia en 2012

O equipo “A”ve (Paritario, por suposto !): Murdock, Fénix, Hannibal e M.A.

En nome do sector dos currantes e empresarios da construcción de Galicia en xeral, o GdeB pide que as obras do AVE demórense o máximo posible. Os obreiros do país e parte de Portugal queren ter choio ata o 2050 polo menos, e os empresarios seguir a facer esas facturas en A e B, que amañan unhas vacacións a Cuba, e ceas con vieiras das boas. Por que ter traballo sabemos pra que vale, pero o AVE inda non nolo explicaron ben, somos así de simples que imos facer.

Señor Feijóo entendemos a súa preocupación, por poder chegar a ver os partidos do Real Madrid a tempo dende Ourense co home do Renacemento, pero por unha vez pedímoslle que se sume a nosa proposta inda que sexa por interés electoralista, cousa que xa sei que é difícil pra vostede.

Señor Quintana xa sabemos que o AVE pasa polos dominios de Allariz e arredores, pero teña paciencia, pense que unha chegada masiva de madrileños os balnearios ourensáns e os restaurantes alaricanos pode traer cartos, pero pode preocupar os seus amigos que cantan o himno puño en alto, pois a súa loita é contra a burguesía capitalista española.

Señor Touriño todos coñecemos o seu apego as infraestructuras, e que a Caride non pode decírselle que non (que mona vai sempre esta rapaza !), pero pense nas súas bases…A que andan estos de CC.OO. e UGT, vai parecer que é o PSOE que manda en vos, e non o revés, ou e a contra ¿?

1 comentario

  • Oes, en serio! Vai chegar o AVE á Galiza un ano destes??? Eu que soño con colle-lo Ave en Chamartín cara a Vigo sei que no 2012 haberá unha prórroga de dous anos máis que logo serán catro. Sempre foi así e sempre será. Mirade o Talgo. Para qué é o talgo se tarda 8 horas, retrasos – avarías- aparte. É vergoñento. De verdade alguén cree no que dín estes ou aqueles políticos? É seguramente o tramo máis caro do Ave, co que supón de marxes no presuposto, marxes que acaban na carteira de alguén.
    Mirade, xogo unha cea a que se chega, chega só até alí ou aló e o que queda está xa aprobado e se acadará en tres anos máis. Ou peor: é que sae moi caro este tramo e o suprimimos. Ou non chega a Vigo por tal ou cal, ou o apeadeiro de alá abaixo é inviable ainda que está presupuestado pero xa se gastóu noutro lado…ou en ceas en Toñi Vicente.
    Saúdos, meus optimistas.


Deixa un comentario