O Demócrata do GdeB
La Voz de Galicia:
-Entrevista o galego que vive en Kenia, veciño dunha prima, da avoa de Barak Obama.
-Análise de Barreiro Rivas: “Obama non trouxo o cambio, o cambio o trouxo a el; o que eu sempre dixen !”
El Pais:
-Declaración do Presidente da Xunta: “Agardo que as relacións cos EE.UU. milloren, produzase unha rucuperación da economía, e que suproña o cricimiento do emprego”
Faro de Vigo:
-Declaracións do Vicepresidente do Celta:”O proceso concursal sigue a bo ritmo, e agardemos que co cambio tamén cheguen pronto os resultados“
A Nosa Terra:
- O vicepresidente da Xunta Anxo Quintana considerou a vitoria coma o triunfo da “política con ideas, a política ao servizo da xente“. Neste sentido, apostou por trasladar esta máxima a Galiza: “Os galegos temos que dicirnos a nós mesmos: nós si podemos”.
El Correo gallego:
-O Efecto Obama ilusiona a Galicia: Axentes sociais e políticos coinciden en que actuará de revulsivo para sair da crise, e así poder continuar as obras da Cidade da cultura.
La Opinión:
-Francisco Vázquez beneficiase da victoria de Obama, invertindo o que gañou apostando en internet polo candidato demócrata, no concurso eólico.
La Región:
-Baltar alédase da victoria de Obama, e di que si el quere, que está feito o da actuación da banda de gaitas da deputación, na súa toma de posesión.
El Progreso:
-Declaracións de Orozco: “A victoria de Obama, éncheme de ledicia, e coido que é unha victoria, da palabra, a razón, a tolerancia, a humanidade, a filosofía, o senso común, a fraternidade, a solidariedade, a poesía, a natureza, a paz, a liberdade, a igualdade, a sabiduría, a vontade, o electroshock, as armas nucleares, a promiscuidade…”

3 Comentarios
6 Novembro, 2008 en 17:32
Galponeiros, sodes os meus ídolos. Sen vós, a miña visión do mundo sería pobre e parcial.
Outra vez, grazas.
6 Novembro, 2008 en 18:56
[...] O porto dos escravos Asennadas Capítulo 0 Navicularia Selva de Esmelle Zero Vacas As túas balas De Paso Brétemas Apunta, para non o esquecer Galpón de Breogán [...]
12 Novembro, 2008 en 14:54
Arriba ese Baltar!!!! Porque o mundo eche unha jaita