O centrista do GdeB
O xefe dos populares galegos foi a Madrid, chamado por o seu único e verdadeiro líder: Mariano Rajoy. Subiu o pulpito reclamado pola súa voz clara e forte, e alí veu o puro que ardía e non se consumía, e amosoulle as 3 ideas polas que haberá que votar o PP, para salvar a Galicia/za do Bipartito, que deseguido mostrou a un auditorio composto de periodistas, empresarios e políticos.
A emoción enchía o bipartito, tras coñecer a nova.
Primeiro: O PP non perdeu as eleccións, gañounas ! Se Barak Obama se presentara en Galicia non gobernaría, porque nas eleccións só sacou 6 puntos por enrriba de McCain; en troques o seu partido sacara 10 puntos o PSOE fai 4 anos. (Todo moi ben se non temos en conta que Obama sacou máis do 50% de voto, eo PP só sacara o 45%).
Segundo: O Bipartito trouxo o caos, o despilfarro, o caciquismo…Feijóo promete acabar con todo iso, e fará un Galicia máis vertebrada e democrática. (Coñécese que o partido popular e el, non teñen nada que ver co pasado político do país).
Terceiro: Derogar o Decreto sobor da educación en galego, que creara o propio “goberno Fraga”, e apostará por un novo “bilingüismo cordial”. ( Cordialidade a que terá que haber entre boinas, e birretes neste tema. A pantasma de Rosa Díez parece que é máis alongada en Madrid).

3 Comentarios
19 Novembro, 2008 en 20:39
O PP, gañador?
O PP construíndo unha Galicia/Galiza máis vertebrada e… democrática??máis que??
Bilingüismo cordial???
Cantas paxaradas me veñen á cabeza.Creo que vou deixar as drojas, porque xa estou completamente fóra da realidade…Ou será Feijoo?
21 Novembro, 2008 en 15:48
Cantas ocorrencias que ten Frijolito.
27 Novembro, 2008 en 10:39
Arredemo! O que ún ten que leer que nunca pensara facelo. Nuñez Feijoo é o Mesías!!! Liberará ó pobo do bicaciquismo e traerá a cordialidade á fala…e ó terceiro día despois da súa crucifiuxión por parte de Rajoy, tra-la perda das eleccións, subirá ós ceos da mesma ostia que as papeletas lle darán. Amén.
Saúdos pouco católicos e menos Ppeiros.