O espectador do GdeB
Do informe feito polo comité de expertos, adicados a proposta de reforma da CRTVG, podemos concluir entre outras cousas , que a TVG é a peor televisión pública estatal, xa que é a que ten menos porcentaxe de recursos propios no seu presuposto. Debido a crise a Xunta estaba desesperada, e non vía o xeito de mellorar o rumbo da nosa amada Telegaita, co que dirixiuse os membros do Galpón de Breogán, procurando de nós un informe pra manter a viabilidade do enxebre-catódico ente, estas son as nosas conclusións:
-Xa que os reporteiros do Telexornal son os mesmos que os de “A revista”, os informativos, sucesos…e demáis, que fusionense nun programa continuo de 4 ou 5 horas ata a chegada de Piñeiro (Se non vos derades de conta, que son diferentes programas !), que fará o seu programa matinal dende a súa propia casa, que está decorada con moi bo gusto.
-As series de producción propia deben de prescindir de plató e decorados, en troques teríamos unha serie de exercicios de improvisación con presonaxes fixos, que realizaránse nos diferentes teatros dos institutos das vilas galegas; total non hai apenas rapaces sensibles: Morris no de anano cabrón, Ana Fernández de guapa e tonta, Miguel de Lira home bruto con bo corazón, Manquiña de vello cachondo e verde…O espectadores non notarán a diferenza.
-Os partidos de “Segunda” en xeral, xa non retransmisiranse visto o conflicto cos clubes polas falsas promesas e incumprimentos da nosa cadea, pra solucionalo se fará un “En xogo” con entrevistas os nosos maiores onde contarán como foron os encontros, e de paso lembren tempos pasados sobre a represión da nosa cultura e traidicións.
-O programa Criaturas debido os recortes de presuposto, non gravará en exteriores, terá que conformarse con facer toda a tempada, dentro do zoolóxico de Vigo (Agora non só terá humor tamén teremos…Terror !).
-A oferta cinéfila terá que deixar de emitir esas películas comerciais, das últimas décadas que tamén botan na Primeira ou Tele 5. A TVG ten que voltar o cine de autor en en concreto, a facer ciclos coma os de antes: Propomos o ciclo “Cantinflas” eo “Clint Eastwood”, que tanta gloria trouxeran no pasado.
-Luar o noso programa estrela, terá que prescindir de Gayoso, posto que el deberá ser o próximo director da TVG (É o que sabe !). Os Tonechos farán de presentadores, e así aproveitamos polo mesmo prezo o seu humor, e os artistas serán poucos, fixos, pero concentrando a esencia do programa: Xil Ríos actuará permanentemente con Luar na lubre o acompañamento, Bustamante será sempre o solista de Cómplices; eo membro masculino de Bonney M, bailará sempre nas actuacións de Mónica Naranjo.
-O Xabarín Club fai tempo que foi relegado das tardes a primeira hora da mañá, por telenovelas de dudoso gusto, seguindo así a evolución demográfica natural do noso país; pero coidamos que debemos usar a súa popularidade, para darlle a volta a situación, e debería substituir os debuxos animados, por ciclos eróticos o xeito da televisión local, para así sacar adiante o ansiado crecemento demográfico positivo galego.
5 Comentarios
11 Decembro, 2008 en 18:37
Graciosiño, pero tés un problema serio co sitio onde pos os pronomes (xa pareces un reporteiro da TVG)
11 Decembro, 2008 en 19:34
O certo e que xa non teño nin idea onde van, no instituto inda tiña, pero agora a miña única referencia son os reporteiros da Tvg, que por certo teñen un equipo de filólogos o seu servizo, eu non; xa non falamos de se tivera de referencia como entrevistados que son galegos tamén…
13 Decembro, 2008 en 12:45
A verdade e que son unhas solucións algo brutiñas me parece a min,pero estaría ben ver a nosa TVG asi,ainda que fose durante uns dias.
E creo que te olvidaches de Paloma San Basilio no Luar,á que lle faría os acompañamentos alguen da talla de Falete,por exemplo.
15 Decembro, 2008 en 16:07
Pois sí que está mal a TVG! recoñezo que non a sigo xa que non estou no territorio do millón de vacas, mais direi que en Madrid, cando pregunto a algún destes se a coñecen ou se a viron polo cable respostan que sí, e que ós que máis coñecen son ós Tonechos!!!! Sáfate!!! teño un amigo de Cádiz que tolea con eses dous!!!
Así estamos.
Un saúdo sen coñecemento de causa.
28 Decembro, 2008 en 23:21
Moi bo