O Bencomún do GdeB
Ben, xa sabemos o que Fraga pensa que se debe facer cos nacionalistas. Pero que pensará facer entón cos independentistas, algunhas fontes falan de métodos máis duros e exemplares.

Tendo en conta as dificultades pra entender a Fraga a metade das veces, non podemos desbotar que Don Manuel non falara de empalar independentistas nalgún momento. Polo momento, estade tranquilos xentes que non creedes na unidade de España en xeral, a non ser que Fraga presentese desta facha un día no Senado.