Por Rachamuímas
Unha das coñas máis habituais para analistas da tele, tipo Antón Losada, que o mesmo sabe de piratas somalíes que de nabos da terra, é a de comentalos carteis publicitarios. E aínda que non esperamos estar á altura de tan excelsa figura, arriscámonos con suxerencias para cada partido político representado na Cámara, que resposten mellor ás expectativas marcadas.
Posto que o gañador real das pasadas eleccións foi o pobre don Alberto, suxerimos o seguinte cartaz, máis axeitado á súa intención de sacarnos deste matrix de falsedade e corrupción no que estamos sumidos. Fóra deste matrix el gañou as eleccións, Fraga reinicia o programa cada vez que Baltar reclama o seu, e López-Cháves inviste os cartos da Feira do Libro da Habana en misas en latín nos colexios concertados do Opus. O mundo é máis xusto, Lobeira foi devorado polo Axente Smith e Corina Porro desbanca a Isabel Preysler na lista das mellor vestidas. En Galiza/Zión comenzou o Deus ex Machina.
Joe, pois Corina en coiro…Umm, non sei se elegante pero mirar pra ela si me gusta !
Tío, que podería ser a túa aboa!