Continuamos as propostas de cartaces electorais alternativos ós aburridos e tradicionais elaborados polas mentes pensantes dos partidos. E hoxe unha desas mentes, Alberte Ansede, non se lle ocorreu mellor cousa que facer unha análise das mensaxes que vai utilizar o BNG. Como se poidera enganar ó pobo galego, pretende facernos crer que os eróticos “Queremos máis!”, “A túa forza move o pais” ou “Sen ataduras” (pero é que contrataron a Mónica Naranjo?) reflicten o espíritu do partido frontista, como din na prensa fachorra de Madrid e na Voz de Galicia.
Facendo a labor social que caracteriza ó Galpón, traemos unha campaña moito máis acorde coas intencións do BNG. Nunha primeira fase, poderían facer ver un pequeno resume das súas intencións respecto ó país, por medio dunha alusión bíblica, que tan ben se lle dan a algúns membros do partido.
O mesmo tempo, permite facer unha visión xenérica das evidentes cualidades do líder sen caer en porcalladas gracias á presencia dun elemento tan galego como é a nube. A continuación, o traballo podería incluir unha reseña da evolución lograda, mediante unha visualización de don Anxo co mesmísimo Deus, a quen algúns ven como unha encarnación negra de Torino.
Así logrou o líder os seus poderes máxicos cos que traballar sen ataduras de ningún tipo, nin españolistas nin centralistas e mesmo nin morais nin éticas. A sintonía é evidente como se aprecia na imaxe coa Torre de Hércules no fondo. Este pacto estilo Doutor Fausto pero á inversa lle permite o traballo a prol da nación que se espera de el.
Utilizando estes poderes chégalle con alongalo brazo en plan Uri Geller para acadar as máximas cotas de independencia nunca soñadas polos galegos, aínda q
ue éstes, pobres mortais politicamente inmaduros no mellor dos casos e malintencionados enganados pola prensa españolista no peor, so poden entender que tanto dá Deus que o demo que o novo dono dos poderes celestiais.
En calquera caso a victoria final está clara. Galiza sairá da noite de pedra en que estivemos sumidos, don Anxo identificarase definitivamente coas intencións divinas e a ledicia xeral será evidente para todos os que non lles guste ser uns amargados teimudos tipo Jiménez Losantos.
A elección está clara. O escollido polos deuses asemblearios xa comezou a tournè. O resultado non será negativo pase o que pase.