27 Marzo, 2009...14:03

O traspaso de poderes

Saltar a Comentarios

Dentro da habitual e coñecida concordia ente forzas políticas que tanto gusta en Galiza, estamos a piques de ver entrar en San Caetano a unha morea de directores xerais, subdirectores, xefes de negociado, asesores e demáis esforzados traballadores de ben da nosa Administración. Cerca de 350 nada máis, que sosteñen algúns cálculos e que, a estas horas, non deixan de chamar ó probe Feijoó ó móbil día e noite, aproveitando que o ten aceso as vintecatro horas.

- Que sí, que sí, que agora chamo a Touriño pra pedirlle que non leve os post-it de cores, que polo menos deixe os morados para cousas importantes … os “apoiapés” son da Xunta sí, non de cada un, … bo, se pagouno non sei, preguntarei a Rueda, a ver qué pensa el … os cassetes dos coches oficiais, pois non sei … penso que o tío cabrón mandou tirar con todo o de Ana Kiro … o Quintana chamou para dicir que o das “Cantureiras do Berbés” quedábaseo el, o cabrón … sí, igual que a neveira … voulle meter o plan eólico ben metido como non a atope … e a Caride que leve dunha puta vez os de Chayanne … Torero-ponerelalmaenelruedo-noimportaloquesevenga-paquesepasquetequiero-comounbuen-toreeeero-mejuegolavidapor tíííí¡¡¡ … jo, jo, la tía golfa…

E como mostra deste bo facer, adícanse agarimosos saúdos os presidente entrante e saínte (un saca e o outro mete, non podía evitalo chiste, non esquezan que son de Vigo) con morriñentas lembranzas, como eses vellos que, á hora de pagala conta no restaurante, poden chegar ata as mans con tal de amosar cal dos dous é máis xeneroso.

elcarterosiemprellamadosvecesmetal-600a-copia1

Deixa un comentario