O Cosmonauta do GdeB
Si… A victoria de Nuñez Feijóo deixounos algo tocados, pero fixemos un esforzo, e por aquí andamos outra vez…
Ben, recoñozámolo… Emilio P. Touriño non chegou a ser “O Presidente” transcendental, el tentouno, que traería os trocos que Galicia precisa. Pero sí que foi o presidente que o PSdeG-PSOE precisaba, que foi quen de facela transición da oposición de burguesía culta xacobina que facía o partido na era Vázquez, ese señor de (L)a Coruña, contra o galeguismo ruralpostfranquista de gaita e pandereta do PPdeG; ata chegar a unhas posicións que si fixeron do partido unha verdadeira oposición, cun liderazgo forte que o levou o goberno.
Por iso os socialistas a hora de escoller o seu novo líder, o teñen moi doado:
O Qué máis se asemelle estéticamente ! (Total o discurso xa o fará Pepiño,que a ver se a próxima acerta). O que no seu día apostou o Galpón dándolle 2 gallifantes.
Máis complexo é o tema do BNG. Por un lado temos os upegallos con “Alternativa para unidade”, cousa curiosa que sexa a alternativa a inalterábel e eterna base do partido, que sempre se comportou coma o monstro ese que lle saía do estómago, dun notas en Desafío total.
Logo está “Máis BNG” protagonizado polos Quintanistas, ou Aymerichistas, que non soa ben pero este home sempre apreciouselle intencións. Eles non son os máis, igual pensan que o resto son menos benega?
E logo está os “Encontro Irmandiño”, nome moi comerical, afastados do partido, que lle parece mal todo: A estructura nova do partido, o traballo feito ata agora, que o resto asemella que a culpa é dos galegos que son p…Pero están no partido, curiosamente, e curiosamente presentarase a liderar o partido un señor septuaxenario que xa fora líder durante anos, que presenta como o máis inconformista ata a data.






1 comentario
22 Abril, 2009 en 11:03
Esa foto de Beiras…foi antes ou despois do marisco contaminado??? Ten a súa relevancia xa que, de seres antes explicaríase as canas de toda esa xente debido ós axentes contaminantes dos manxares de restaurante. Se foi despóis, temos ahí a confabulación dos irmandiños contra Quin para envelena-a empanada de chocos que comía no coche oficial entre mitin e mitin, xa que non podía comer nun sitio decente polo traballo extenso e ben feito da Campaña.
Non sei se o dixen aquí ou noutros foros, pero un mitin en Madrid reventaría o Pabillón Municipal de Gallardón. Serían máis proveitosos que as viaxes á Arxentina, seguro.
Un saúdo ós que tomades cervexa á cuberto deste Galpón.