Quen non desexou algunha vez poder crear a súa propia regra ortográfica? Que cómodo sería non ter que estudar esas gramáticas que, a fin de contas, cambian como o vento. A Real Academia Galega traballa para cambiar esta situación e poñer a língua en valor.
Os galegos poderán cambiar o seu propio idioma ao seu gusto. Por exemplo se alguén prefire a forma “aceptábel” en vez de “aceptable” a Real Academia, por un módico prezo, cambiará axiña a norma. Se alguén, descontento con este cambio, paga máis diñeiro aceptarase a forma contraria. “Cambiaríamos a percepción da xente sobre a lingua. Pasaría a ter unha importancia económica e estratéxica“, declarou un voceiro da RAG. “Superaríamos o obstáculo que supón que as normas cambien, case en tempo real, tornándoo nunha vantaxe. Por outra banda superaríamos o minifundismo lingüístico: falaríase o que dixesen os que máis pagasen.“
As posibilidades son infinitas. Por exemplo uns opositores no fío da praza poderían investir os seus aforros para conseguir aprobar o exame de galego e conseguir a ansiada praza. “Varios ourensáns xa nos consultaron a este respecto“. Tamén se contempla a posibilidade de alterar o léxico engadindo significados a unha palabra (que Faro poda significar Xornal aparte dunha luz para os barcos) ou engadindo algunha nova (ex, que Galpón de Breogán signifique grupo de descerebrados).

Aínda que no terreo da fonética cabería a posibilidade de inserir unha nova liña de negocio, a RAG non contempla a posibilidade: “Houbo comentarios moi mal intencionados apuntando a que a Consellería de Presidencia pagara para que o galego coincidise coa forma tan persoal de pronunciar do señor Touriño pero non son máis ca comentarios malintencionados”. Outra posibilidade polémica, en fase de estudio, é que marcas comerciais patrocinen certas palabras. Así en galego non se diría “auga” para definir ao H2O senón “Cabreiroá” (Ex: “A Cabreiroá da piscina debe ser cambiada”) ou “coche” por “Wolksvagen” (Ex: “Aparquei o meu Wolksvagen, un Audi, no concesioario de Ford”)
Téntase así facer un galego “do século XXI, dinámico e en valor”. O voceiro da RAG tamén nega que os cartos vaian dirixidos a sufragar os custes da Cidade da Cultura.
Nas vestimentas da xente tamén se percebe o cambio, a boina de toda a vida foi reemprazada por anchas chapelas, e na forma de falar. Agora xa non se escoita tanto “Manda carallo”, “Ou mecagho na cona que che paríu” e si bastante “Ay va la hostia pues!” expresións máis propias doutras rexións. O caso e que a ninguén lle sorprende xa nada. Desde que se descubrira que 

Antonio “Yo no vivo en estrecheces” Campo Fernández, alcalde de Ortigueira: Máis coñecido por
Antón Losada, manipulador oficial da Xunta de Galicia:Aparte de enfrontarse a policía cara a cara Losada soña coa creación dunha Nazón de Breogán Pancéltica que aumente as competencias do Bloque en materias como exército ou duidrismo. Esta liña de pensamento tamén encaixaría coas súas tendencias megalomaníacas. Polo tanto un pacto Losada-Campo Fernández encaixaría de cheo nunha estratexia celtificadora que daría beneficios económicos a través do turismo e o merchasdising ao alcalde e a creación dun estado independente con Capital en Ortigueira. Basta recordar as declaracións de Losada na exposición Nazón de Breogán, coincidindo, curiosamente coa celebración do festival.
Gerardo Conde Roa (si! outra vez el!), cantautor maoísta e opositor santiagués: A antigua sede da súa campaña electoral, agora unha tapadeira do maoísmo internacional, atópase a uns 50 metros do lugar do atentado. Casualidade? Posiblemente Losada prometeulle ser líder da oposición da futura Nazón de Breogán que, como cae de caixón, é bastante máis ca selo dunha simple cidade.
Os indicios da presenza de ETA pola súa banda son evidentes: turistas vascos a pasear pola zona en pleno xullo, Festas de San Fermín, restaurantes vascos, eleccións no Athletic. Sen dúbida eles aportaron a idea de crear unha Nazón de Breogán igual que foron os vascos os que introduciron a industrialización en Galicia. Xa ven, todo o malo ven de aí.
Non todo ían ser flores. Abel “Vou Gañar” Caballero accedeu á alcaldía e deuse conta de que non quedou un peso na alcaldía no mes de xuño. Isto non é signo de derroche senón de éxito tal como expresou o popular José Manuel Figueroa:
A moitos, a nós non, sorprendeu o auxe dunha das musas de Galpón de Breogán, Gerardo Conde Roa. Poucos pensaban que cunha campaña tan ridícula se puidese evitar a maioría absoluta de Bugui pero funcionou. Os intentos de explicación sucedéronse (a conservadora poboación de Santiago, a abstención entre a esquerda ante unha victoria segura…) pero sen satisfacer de todo a ninguén.
-Ola chámome Emilio e son alcohólico.
Preocúpame o futuro de superclásicos como Armando Blanco, o rei das tortillas. Disque vai volver ao seu posto de funcionario pero… estarán as tortillas amargas polas súas bágoas? Reciclarase como representantes de estrelas da talla do Fary.