Entries Tagged as 'Economía'

26 Novembro, 2007

MEDIA GALICIA SERÁ UN PARAISO FISCAL

 ¡ Deus salve o Galpón !
Despois de catro anos de propostas irrematables do PP para mellorar a sociedade xxxpañola e mellorar a súa convivencia, chegou por fin a 3 meses das eleccións xerais o seu máis cabilado e elaborado proxecto: Seis millóns de cidadáns de todo o estado deixaran de pagar o IRPF
.

A fume de [...]

20 Outubro, 2007

VIGO, NON.

por Moi Xordo
Con este título non trato de andar a buscar comparanzas do tipo: quen a ten máis grande, Lotina ou Stoichkov ( o que está claro en quen ten os ovos máis grandes…). Trátase de subliñar a noticia que estes días deu a patronal galega: A Coruña superou a Vigo como primeiro motor industrial de [...]

15 Maio, 2007

Facendo campaña na folga do metal

Por Frouxeira
- Cori, dixculpa, ¿quién ex toda exa gente que nox extá jaleando ahí fuera? ¿Por qué nox han venido a recibir con tanto fervor?
      - Eh… No… Mariano… Mira… Esos no deben ser de los nuestros… Mejor no les hagas mucho caso, ¿vale? Tú sigue a lo tuyo…
- Bien… Como ox iba [...]

8 Maio, 2007

Ferrol como cemiterio nuclear

Por Frouxeira
Antes, a Ría de Ferrol recoñecíase polo guindastre de Astano. Pero o símbolo xa non é o que era dende que o pintaron de gris e mudaron o nome por Navantia. Agora, dende hai algúns anos, hai outro monstro que conxela todas as olladas. Tremede! É a planta regasificadora de Mugardos!

Alguén di que calquera [...]

1 Maio, 2007

Un bo partido

Por Frouxeira

Traballadores do mundo (e de Galiza, en particular): SEDUCÍDEA!!!!!

(Marta Ortega, vicepresidenta das sociedades Gartler e Partler, compañías propietarias do 50,01% e do 9,3% do grupo Inditex, respectivamente)

20 Marzo, 2007

Da mina ao rañaceos

Por Frouxeira
Dende o alto da Torre Espacio, a 223 metros de altura, na planta 56, Juan Miguel Villar Mir contempla a panorámica de Madrid Leste e séntese no máis alto de Xsspaña.

Toda unha vida de sacrificios… para rematar construíndo agora o seu propio rañaceos. Lonxe fican os amargos días do pasado verán, trala derrota da [...]

6 Marzo, 2007

Proxecto para un capitalismo transnacional de orixe galega

Por Frouxeira
Cumprindo coas nosas tarefas como axentes do capitalismo transnacional, dende Galpón de Breogán queremos compartir convosco o noso novo proxecto para dominar o mundo, desta vez a través da economía global. Trátase dunha operación moi sinxela, ate un simio retrasado podería realizala. Tomai nota.
A idea é aproveitar a rede de galegos no mundo para [...]

5 Febreiro, 2007

¡Ás armas!

por Viriato
Pese os esforzos de Alberto Núñez Feijóo por sementar o caos á busca da declaración máis imposible, e a non-visita da nosa musa, Anne Marie Rivers, a Fitur, coido que a noticia estrela da pasada semana foi a Operación Espingarda, o arresto en Verín dun grupo de señores adicados a compra-venda de armas de [...]