Entries Tagged as 'Embigo'

23 Outubro, 2007

CONDE ROA PIDE PERDÓN AO GALPÓN DE BREOGÁN

Acaba de chegar ao Galpón unha carta de Gerardo Conde Roa. Coñecidos son os piques que nos últimos tempos vimos mantendo os galponeiros con Gerardo, pero chegou a hora do perdón, porque como di Gerardo, “pedir perdón no envilece”. Gerardo comeza así a súa misiva:
“Entiendo -y como es obvio todo es opinable- que, pedir perdón [...]

20 Setembro, 2007

GdB, coa liberdade de expresión en Turquía

Onte, mentres tramábamos os nosos habituais plans de dominio mundial neste Galpón de Breogán (GdB), recibimos a noticia de que un portal turco realizara un ataque masivo a wordpress, o servidor que tan xentil e gratuitamente alberga os nosos textos megalomaníacos. Vimos o noso querido blog clonado vilmente e de inmediato, levantamos barricadas e [...]

6 Agosto, 2007

Galpón de Breogán, secuestrado

A Fiscalía de Ourense e a Oficina do Valedor do Pobo ordenaron esta tarde o secuestro do sitio web coñecido como Galpón de Breogán (GdB) e a entrega inmediata dos moldes que se empregan para imprimilo. Os cinco presuntos autores de dita web están acusados de incontables delictos de difamanción, inxurias, escarnio e maldicir, así [...]

14 Xullo, 2007

Galpón de Breogán pide o boicote para Galpón de Breogán

Por Breogán Salceda

 
O contubernio megalomaníaco Galpón de Breogán non cabe no seu asombro dende que descubriu que no deturpado ranking de blogues de Blogaliza o portal onde damos renda solta á nosa demencia ocupa un lugar superior á web Si home si. Escrita polo celebre, e non por [...]

10 Xullo, 2007

Consellería da Blogosfera

Por Frouxeira
O poder ten moitos amigos, e hai que telos a todos contentos. Fan falla moitos altos cargos para que todos leven a súa parte, así que a ninguén lle sorprenda a creación dos “chiringuitos”.
Imaxino cal vai ser o seguinte. Venderano como unha grande idea de Salustiano Mato, de Fernando Blanco, de Touriquín mesmo! Primeiro [...]

10 Abril, 2007

As súas mmmúsicas!

O galponeiro Frouxeira remítenos a seguinte misiva:
“Queridos amigos. Durante a Semana Santa viñeron á miña casa uns señores do CEFOU e me levaron con eles a un campo de reeducación oculto no macizo central ourensán. Ó comezo non me gustaba nada, pero agora que xa me aprendín a Constitución de memoria, son feliz por primeira [...]

10 Marzo, 2007

Decálogo de motivos para odiar Galicia

Perante as acusacións verquidas sobre nós nestes días, en Galpón de Breogán non podemos ficar calados por máis tempo. Si, é certo, odiámonos a nós mesmos, porque somos feos e temos un pésimo sentido do humor, e tamén odiamos Galiza, por varios motivos:

Porque chove
Porque Galiza non fixo nada por nós.
Porque todos os pratos tradicionais consisten [...]

2 Marzo, 2007

Crise de identidade

O post do día, by Medulio, queda adiado por causas alleas a nosa vontade. Ata que poidamos reanudar a nosa programación habitual, ofrecémoslles un pequeno divertimento egocéntrico. Desculpen as molestias.
Perante os acontecementos dos últimos días, nós, os galponeiros, xa non sabemos quen somos. Tiñamos a idea de ser uns paiasos e uns contistas, pero [...]

21 Febreiro, 2007

CONCURSO DE IDEAS PARA LIBERAR A UGIO

Por Antón Fraguas
Galpón de Breogán é consciente da súa función social de socorro ao aldraxado, de defensa do débil, de voceiro dos sen voz. Por esta razón convoca un concurso de ideas para liberar a Ugio Caamanho, preso político e showman, que o pasado mércores tentou fuxir do cárcere de Cáceres, usando as súas sabas [...]

14 Febreiro, 2007

O ALBUM PRIVADO DE XOSÉ CRESPO

Por Antón Fraguas
Os integrantes do Galpón de Breogán levamos a cabo esta fin de semana unha importante acción subversiva na Festa do Cocido de Lalín, reivindicada no blog de Xosé Crespo. A misión dos galponeiros consistiu no roubo do album persoal de Crespo, do que publicamos algunhas fotografías:

Porén, isto é demasiado para min. A troita [...]