25 Marzo, 2008
O MILLO MUTANTE DE ARTEIXO
A pantasma do GdeB
No pasado día de Pascua, media Xxpaña non pegaba ollo polo tema ese do vestido de Belén Esteban, e máis porque Farruquito acadou o terceiro grao ( eso sí en semana santa as víctimas nas estradas descenderon ).
Pero Galicia espertaba cunha noticia preocupante e ameazadora, para o noso futuro e a nosa seguridade: Unha multinacional ianqui prepara ensaios con millo mutante, en terreos do Concello de Arteixo. Os argumentos en contra saen de diversas asociacións agrarias e ecoloxistas, que ven como unha ameaza o espallamento das sementes invasoras. As autoridades en troques suliñan, que o proxecto conta coa autorización da UE, do Goberno do Estado eo da Xunta.

Parece ser que por Touri que non hai problema, pero que íamos esperar dos sociatas si xa nos venderan co tema da OTAN. Pero que hai do socio de goberno da alcaldesa socialista de Arteixo, que se esconde detrás de Terra Galega ? ( Coñecido tamén como TEGA ). O Galpón de Breogán está en poder de dicir, tras un ano de pescudas, ( dende as municipais do 2007 ) que tras esas folclóricas e amistosas siglas, se agochan unha serie de científicos perigosos, que pretenden crear unha raza de animais e vexetais mutantes, que sevirán pra que Galicia sexa unha inagotable festa gastronómica, e o número de turistas participantes nelas sexan infinitos. Polo tanto o que se oculta tras TEGA non é Terra galega, se non: Terrorismo Gastronómico, ou é que alguén se creu eso do “partido nacionalista que habla castellano”, composto por científicos universitarios e xente do lado máis fondo da boina. Trátase de apostar polo futuro e continuidade do noso país e costumes, vendo a crise alimentaria, enerxética e financieira que se aveciña. Keep reading →




nada o “capuccino” está doce demáis…
O número 1 pola provincia da Coruña é este home con aspecto de Papa Noel, con pinta de non matar unha mosca na vida ( como moito unhas lagostas e centolos vivos nalgún restaurante ); e o único que sei del é que foi portavoz do PP no grupo municipal da Coruña en pleno “Paco Vazquismo” ( un traballo da ostia ), e que parece ser que repite. Pero…este home encabezando a lista só se trata dunha maniobra perfeutamente estudada por Rajoy, para non ser eclipsado a súa volta a Galicia trala súa previsible derrota. Porque de número 2 temos unha das grandes
Pero o número 3 tamén e alguén que pode ameazar ese liderato a Rajoy, e se trata do home ese con pinta de director de banca, que era delegado do goberno na catástrofe dos “hilillos de plashtilina”: Fernández de Mesa, todo un exemplo de reconversión do naval de Ferrol de enxeñeiro a deputado. Nunca máis esqueceremos o seu engominado cabelo cano, e máis a súa cara de poker cando explicaba o seu carón algún Ministro iluminado que o tema “estaba controlado”… esos whiskis na praza de María Pita tíñalos merecidos sí Señor ! Tamén volta o PP nestas listas o famoso 


presentarase a sombra do líder na sombra: Fracisco Jorquera. No é de estrañar que propuxesen cambiar o uso horario galego, non ven mal un pouco de luz con tantas sombras.
De número 1 por Lugo temos como no caso de Coruña, o actual portavoz do grupo municipal do Concello e ex-alcalde. Que pinta de bó rapaz parece o irmán bo de Jose Luis Moreno !
Pero o dato importante aquí é que o ex-aspirante a Delfín de Fraga, Barreiro presentase de número 1 o Senado seguindo así os pasos do seu predecesor Cacharro Pardo, o comezo da reconquista ? Ou é que se vota a correr do PPdeG ?








