Cancións para un bipartito

Polo Parvo de Cela 

Noutra proba do seu compromiso coa Terra, un periódico otomano vén de publicar as cancións jallejas favoritas de cada un dos nosos líderes políticos. Dime que asubias mentres estas na ducha e direiche quen es:

Milio elixiu Aí vén o maio, un clásico de Luis Emilio Batallán e adaptación dunha obra de Cunqueiro. O título é unha clara alusión ás elecións, que sempre caen por esa data, que, ao final, parece ser, é para o que se goberna. Coma un equipo sempre no arame, Galicia vivirá eternamente coa tensión de non descender e nunca preocupados de gañar. Tou, temeroso de perder votos nalgún segmento da poboación, afirma que a súa cantante galega favorita é Luz Casal. Polo menos descarta a Carmiña Burana.

Drag Quin, evita darlle ao maxin e ponllo fácil ás plumas envelenadas de La Voz:o Himno do antigo Reino de Galiza é o seu tema. De seguro que con el botaba aos borrachos de última hora do pub que rexentaba en Allariz.

Núñez Feijóo aposta pola tradición galega plastificada e endulzada. Unha cousa que non contenta nin aos puristas nin aos modernos. Prefiro, Albert, a xente como Berrogüeto coa incrible Guadi Gallego pero supoño que será cousa de gustos. Sen embargo pode estar excusado porque, segundo o jornalista, o lider Pepeiro sufre algún tipo de neurose co tema:

El líder popular explicó que había elegido esta composición porque la había escuchado mucho en la época que estuvo fuera de Galicia, debido a que se la recordaba, y que cuando regresó siguió escuchándola.

Non caerei no pecado de pecharme no noso e abrirei aos artistas estranxeiros a posibilidade de levar a cabo a banda sonora da realidade galega:

*Sintonía da sinatura do pacto de goberno: Welcome to the jungle. Guns and Roses

*Negociacións do estatuto: La vida es un carnaval. Celia Cruz

*Lumes do verán: This fire (is out of control). Franz Ferdinand

*Discursos de Emilio, Anxo e Alberte: Stop me if you think you´ve heard this before. The Smiths

*Labor de Antón Losada nesta lexislatura: Master of puppets. Metallica

*Presidentes das deputacións de Lugo e Ourense. Common people. Pulp

Admítense propostas.

11 Comentarios

Arquivado en Costumismo, Música, Política

11 respostas a “Cancións para un bipartito

  1. Exiliadoesquencido

    Fernández Antonio con Bugallo -ela- (videoclip con miradas melancólicas…) I bet that you look good on the dancefloor

    Jiménez Losantos e Núñez Haba, I love you every day less and less

    O silencio de Fraga, (I don’t care about the) Young folks – de Peter, Bjorn and John- (se non a coñecedes escoitade esta canción)

    Cuíña visitando a vía rápida do Salnés, Volver

  2. madame o

    Máis propostas musicais:

    Para todo o momento Prestige: Cover you in oil dos AC/DC.

    Para os recontos electorais nas circunscripción máis carretexadas: Suspicious minds.

    Para o AVE a Vigo: Midnight train to Georgia.

    Para o affaire Pescanova : Move on de Abba.

  3. Exiliadoesquencido

    Touriño cantando o himno galego: Todos os “artistas” de Luar, así como toda a discografía de Enrique Iglesias e Milli Vanilli (facendo play-back, of course)

  4. Exiliadoesquencido

    Sobre as galescolas.- Another brick in the wall (teachers, leave the kids alone!!), de Pink Floyd -ou como se chame a canción-

    Sobre o mesmo tema.- Enamorado de la moda juvenil, de Radio Futura.

    – Perdón pola proliferación de mensaxes, é que non se me ocorre todo ao mesmo tempo. Cousas do adestramento cefoucista-

  5. Exiliadoesquencido

    Xosé Emilio Vicente e as veleidades escisionistas das mocidades da U.- “Radical” do Chivi

  6. ¿Seica os alevíns do CEFOU andades con tempo libre de máis, amigo Exiliado?

    Eu diría que, para resumir a negociación do novo Estatuto: “Hello, Goodbye”, dos Beatles.

  7. elric

    Exiliado, véseche emocionado co galpón. Aínda botei unhas risas coas túas propostas… Engadamos a Dylan.

    The Hurricane, seguro que lle viña ben a un Beiras, ou a Pepe Cuíña, ou a Xosé Luís Barreiro… “He could be the champion of the world…”

    Like a Rolling Stone, a Inma (a ex vicepresidenta do Parlamento), ou tamén a Cuiña, ou a Victorino Núñez, a: “Now you don’t seem so proud, now you don’t talk so loud…”

    “God on our side”: Romay Beccaría e demais opusinos

  8. arrieira

    e como é que todos vos esquecedes do bardo que nesta era felizmente nos fai compaña… si, si, falo de Edilberto.

  9. psssss

    estimado pequeño de Cela el mayo ese es del poeta celanovense Curros Enríquez y no del vate mindoniense Álvaro Cunqueiro, a ver si no confundimos churros con merinos. La letra reza así

    ahí viene el mayo
    cubierto de flores
    puesto lo han a la puerta
    cantando los niños

    y otros versos de una desquiciada modernidad, por lo demás, creo que su región, como su blog, tendría cierto arreglo siguiendo los consejos de una enmohecida canción de Demis Roussos: triqui triqui triqui, triqui triqui triqui qui ti, triqui……

  10. Disfruto dabondo cos vosos post.
    A Cacharro podíaselle poñer a canción de Los Secretos: Que solo estás.
    E a Fraga o Vals de la poltrona de Celtas Cortos.

  11. Michael Moore

    Pois para os lumes do verán, eu prefiro “The roof is in fire (let the motherfucker burn)” de Bloodhound Gang… mítica letra onde as haxa: “O teito está en chamas, non precisamos auga, deixa que arda o cabrón, ¡arde cabrón, arde!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s