“Construír, Construír e Construír, ate o último metro cadrado!!!”

por Frouxeira

Esta fermosa divisa dos constructores tardofranquistas resume ben o clima de creatividade que se viviu aló polos setenta, hoxe tan estrañados. Aqueles foron un anos nos que un home, se quería, podía erguer un rañaceos na súa horta. Foi… “o gran salto adiante” do urbanismo galego. Esa época na que nos convertemos nunha sociedade urbana.

Que tempos, lembrades! Bloques e mais bloques de formigón visto agromaron cara o ceo nos nosos superpoboados ensanches, creando o skyline do que agora poden gozar os nosos ollos. Era a época na que os paisanos dicían Neoyorquiño cando querían dicir Carballiño. Os arquitectos galegos atoparan, por fin, un estilo propio que exportar: o Feísmo.

Logo veu a trangallada esa da democracia, coas súas ordenanzas municipais sobre aliñamentos, límites de altura e restriccións de materiais. Unha mágoa. O pulo dos construtores patrios foi esmorecendo, as cidades deixaron de medrar, e moitas obras quedaron inconclusas. Esqueletes de tixolo e formigón.

Pero ese espírito de cementación compulsiva non caeu no baleiro. Canalizouse cara outros lares. E, por fin, no fraguismo, estoupou esa apoteose do alcatrán que foi a política de “pista-poste”, para que os paisanos poidan saír da casa e ir á leira en sa-sa-sa-sapatillas, como mostra de benestar e desenvolvemento humano.

Dende hai uns anos, como legado da nobre xestión de Don Manuel, a énfase constructora chegou por fin ao Finis Terrea, ás aldeas da costa. Quizais o efecto prestige precipitou os acontecementos. Ver as praias asfaltadas foi sen dúbida o revulsivo que precisaban as xentes do noso litoral.

Un breve esquema para comprender as transformacións do solo rústico:

Anos cincuenta e sesenta. Un paisano. Unha finca. Un prado, posiblemente. Dende o punto máis alto albíscase o mar (antre os alcolitros). As vacas pastan alí, con vistas ao horizonte.

Anos setenta e oitenta. O fillo do paisano, o vinculeiro. Xa non sacha a terra da familia. Ascendeu na escala social e foi vivir ao pueblo. Ten un bar, por exemplo. Cando morre o pai non lle deixa os cartos (eses van para outros). Déixalle a terra, a finca (as vacas non, hai tempo que se transformaron en filetes). O fillo do paisano tenta tirarlle partido. Vende.

Anos noventa. O rico do pueblo. Tras facerse un capital na emigración, co contrabando ou co narcotráfico (a según sexa daquí ou dacolá), decide investilo no pueblo. Monta unha construtora local. Merca tódalas fincas con vistas ao mar. Entre elas, a do paisano. Constrúe algúns chalés. Non moitos. Na súa maioría, horribles. Comprador tipo: fillos de paisanos que marcharan á cidade, e agora mercan casa para volver ao pueblo polo verán.

Ano 2000. O rico do pueblo vai vello e quere xubilarse. Vende a súa construtora a outra maior. Preferiblemente ssspañola. De Madrí, ou de Levante. Líderes do sector. Despois de asfaltar o Mediterráneo precisan de máis solo que cementar.

Do Novo Milenio en adiante. As construtoras mesetarias rematan a obra inconclusa do rico do pueblo. Serializan chalés, adosados e edificios de apartamentos por toda a costa. “A lo grande”. Comprador tipo: outros mesetarios inxenuos e podres de cartos. Mercan no Atlántico porque é máis cool que o Mediterráneo, que está démodé.

Estes ssspañois, por suposto, mercan por catálogo na sucursal que a inmobiliaria ten no seu barrio residencial. Logo veñen aquí un verán e… en fin… ven o que hai (algúns xa non volven).

¿Alguén dixera que o feísmo pasara de moda?

7 Comentarios

Arquivado en Costumismo, Urbanismo

7 respostas a ““Construír, Construír e Construír, ate o último metro cadrado!!!”

  1. madame o

    Están tolos, eses constructores romanos! Ide preparando unha boa reserva do noso máxico bebedizo, o licor café, para chimpalos fóra deste gran carallo de sal.

  2. psssss

    1. Trans-nacionalismo y Diversidad:
    Monsieur visita McDonald’s en cualquier lugar del mundo. En Taiwan, renta un VolksWagen, hecho en México, en Hertz. No necesita pasaporte para viajar dentro de Europa. Ya no compra regalos cuando viaja, porque las mismas cosas se venden en todas partes.
    2. Vectorización:
    Todos los paquetes FedEx de Monsieur deben pasar a través de Memphis, aun si solo van de Arboledas a Ciudad del Sol.
    3. Asincronía:
    Con los cajeros automaticos, el banco abre a las 3 am. Mientras que disfruta un cafe en Sanborns, Monsieur contesta su telefono en casa, a través de su maquina contestadora. Sus llamadas internacionales usan siempre satelites diferentes.
    4. Impermanencia Institucionalizada:
    Monsieur trabaja desde su casa y carro, con laptop y teléfono celular. A veces trabaja para compañías internacionales, en estaciones de trabajo modulares hechas de telas artificiales.
    5. De-regionalización:
    Monsieur se ha mudado tantas veces que ya no recuerda de donde es (y menos sus ancestros).
    6. Fin del Espacio Físico:
    A través de Internet, Monsieur se encuentra a diario en Guadalajara, Hong Kong, y Los Angeles. Cuando visita Francia, con el TGV, puede llegar de Paris a Lille en tan sólo una hora.
    7. Ruptura:
    En California, la Interestatal conecta a San Diego con Los Angeles, y divide a Westwood de Brentwood. En Lille, vias de tren y autopistas crean una red urbana.
    8. Discontinuidad:
    1 canal para la realidad, 500 a través de televisión Sky, y tantos como los juegos de Nintendo en la colección de Monsieur.
    9. Fluidez:
    Con Interestatales y vias para trenes bala, San Diego queda al lado de San Francisco, y Genova, junto a Milano.
    10. Ciudades sin Centro:
    Monsieur ya ha visitado varias.
    11. De-industrialización:
    La compañía de Monsieur ya no hace cosas. Hoy día, lo importante es la distribución puntual de productos intelecto-digitales.

    r. koolhaas

  3. psssss

    La identidad es la nueva comida basura para los desposeídos, el pienso con que la globalización alimenta a los desfranquiciados… Si se llama basura espacial a los desechos humanos que ensucian el universo, el espacio basura es el residuo que el ser humano deja sobre el planeta. El producto construido por la modernización no es la arquitectura moderna sino el espacio basura. El espacio basura es lo que permanece después de que la modernización haya seguido su curso, o más concretamente, lo que coagula durante el proceso de la modernización, sus consecuencias. La modernización tenía un programa racional: compartir las bendiciones de la ciencia universalmente. El espacio basura es la apoteosis de este programa, o su fundición… Aunque cada una de sus partes sea el resultado de inventos brillantes, aunque hayan sido planeadas con lucidez por la inteligencia humana y potenciadas por la computación infinita, el resultado augura el fin de la Ilustración, su resurrección como farsa, un purgatorio de poca calidad. El espacio basura es la suma total de nuestros logros actuales, hemos construido más que todas las generaciones anteriores juntas, pero de alguna forma no se nos medirá según el mismo baremo. No dejamos pirámides. Según el nuevo evangelio de la fealdad, hay ya en el siglo XXI más espacio basura en construcción que el que sobrevivió del siglo XX… etc etc
    r. k.

    sorry

  4. frouxeira

    Benquerido troll ilustrado,

    pregúntome para que clase de homes constrúe koolhaas os seus edificios? Homes que dalgures terán que tirar os cartos para pagarlle ao arquitecto estrela. Homes que traballan en empresas transnacionais ou institucións públicas de dubidoso gusto arquitectónico (e intereses aínda máis crípticos). O pobre Koolhaas xa comeza a amosar os efectos secundarios do seu tren de vida, e escíndese nunha esquizofrenia entre a súa actividade constructiva e os seus escritos teóricos, coma se un non coñecese a obra do outro.

    e amais… Koolhaas considera as súas obras como parte do espazo-lixo? ou sálvanse da súa queima apocalíptica. Se non fose arquitecto de talonario poderíamos tomalo como gurú do urbanismo. Contradiccións dos intelectuais orgánicos.

    En todo caso, contrúese tan mal (ou mesmo peor) na costa galega como nos desertos postindustriais estadounidenses. Sempre dixen, e ameazo con argumentalo en textos vindeiros, que Ferrol é o noso Detroit

  5. psssss

    Escape / Pintoresco
    Una montaña dinamitada, un rascacielos, un campo de arroz en cada dirección, no hay nada que separe lo excesivamente alto de la costra excesivamente baja del continuo que forman la agricultura y las naves de la industria ligera; nada entre lo altivo y lo destartalado. El Escape, ni ciudad ni paisaje, es la nueva situación posurbana… Tal vez es la imagen del futuro.

  6. psssss

    é feismoé bonitismo

    descontextualizo que algo queda

    1.- O Colexio Oficial de Arquitectos (COAG) e a Xunta difundirán nos centros de ensino secundario de todo o país material didáctico para EDUCAR os alumnos contra o feísmo??? urbanístico. A intención dos arquitectos é achegarlles aos estudantes nocións de ordenación e intervención de territorio e instruír nunha cultura de respecto á arquitectura popular??? e a identidade territorial??? do país.

    2.- Constitúe solo rústico aquel terreo que debe ser preservado de procesos de desenvolvemento urbanístico, principalmente os terreos sometidos a un réxime específico de protección incompatible coa súa urbanización de acordo con diferentes lexislacións sectoriais (augas, costas, medio ambiente, patrimonio, infraestructuras), os terreos que presenten relevantes valores (paisaxísticos, ambientais, históricos, productivos, recreativos e outros) que precisen de limitacións específicas, os terreos xa degradados para intentar a súa recuperación e, por último, os terreos ameazados por riscos naturais (perigo de inundación, erosión, incendio) incompatibles coa súa urbanización. No solo cualificado no planeamento municipal actual como non urbanizable ou rústico, aplicarase o disposto para solo rústico.
    lei cuiña

    3. A nosa é unha proposta fundamentalmente baseada na valoración da beleza e impulsada polo desexo de disfrutala infinitamente.!!!
    un artigo por aí

    4.-(Marx explicaba al pobre Proudhon que, en una sociedad fundada sobre la
    “miseria” los productos más “miserables” tienen la fatal prerrogativa de servir al uso de mayor número de
    gente).

    El objetivo principal de la ideología de la clase dominante es, pues, la confusión.

    debord

    5.- 1. Nulidad del urbanismo y nulidad del espectáculo

    El urbanismo no existe: no es más que una “ideología” en el sentido de Marx. La arquitectura existe realmente, como la coca-cola: es una producción investida de ideología que satisface falsamente una falsa necesidad, pero es real. Mientras que el urbanismo es, como la ostentación publicitaria que rodea la coca-cola, pura ideología espectacular. El capitalismo moderno, que organiza la reducción de toda vida social a espectáculo, es incapaz de ofrecer otro espectáculo que el de nuestra alienación. Su sueño urbanístico es su maestro de obras.

    2. La planificación urbana como condicionamiento y falsa participación

    El desarrollo del medio urbano es la educación capitalista del espacio. Representa la elección de una cierta materialización de lo posible, excluyendo las demás. Como la estética, cuyo movimiento de descomposición viene a continuar, puede considerarse como una rama bastante descuidada de la criminología. Sin embargo, lo que caracteriza al “urbanismo” con respecto a su plano simplemente arquitectónico es que exige el consentimiento de la población, la integración individual en la puesta en marcha de esta producción burocrática de condicionamiento […].

    Toda planificación urbana se comprende únicamente como campo de publicidad-propaganda de una sociedad, es decir: como organización de la participación en algo en lo que es imposible participar.
    atila kotanyi

    6. El espacio basura conoce todas nuestras emociones, todos nuestros deseos. Es el interior del vientre del Gran Hermano.
    pronto podremos hacer cualquier cosa en cualquier sitio
    r.k.

    Y .

  7. Isaac ben de Alongos

    Tengo la solucion definitva para el feismo. Podemos alquilar toda la franja costera como campo de tiro para los barcos de la OTAN. En un par de maniobras conjuntas lo dejan todo planchado. Peor no va a quedar. Ademas se puede volver a vender todo otra vez. Todo pasta.

    …..Y si tienen algo para comer, tambien lo aceptariamos. ¿No?

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s