O ALBUM PRIVADO DE XOSÉ CRESPO

Por Antón Fraguas

Os integrantes do Galpón de Breogán levamos a cabo esta fin de semana unha importante acción subversiva na Festa do Cocido de Lalín, reivindicada no blog de Xosé Crespo. A misión dos galponeiros consistiu no roubo do album persoal de Crespo, do que publicamos algunhas fotografías:

250420065.jpg260420062.jpg260420064.jpg

Porén, isto é demasiado para min. A troita armada é dura e non compensa, o mesmo que a clandestinidade. Por iso, vou revelar a identidade secreta dos activistas de Galpón de Breogán, perigosa organización terrorista incluída nas listas da CIA. Sei que sufrirei represalias, pero a decisión xa está tomada. A comprometida foto dos seis galponeiros (os cinco xa coñecidos e un sexto que actúa na sombra) é a seguinte:

breogans.jpg
Antón Fraguas é o primeiro comezando pola dereita.

7 Comentarios

Arquivado en Embigo, Moda, Municipais, Surreal

7 respostas a “O ALBUM PRIVADO DE XOSÉ CRESPO

  1. ¡Vendido! ¡Traidor! Cría que xa destrozáramos todas as copias dese disco… xa, xa, é patético pero algo tiñamos que facer para pagar a dinamita e o licor café. Calquera xurado do mundo nos absolvería… sempre que o sobornasemos previamente.

    O certo é que a min dame igual, pero vixía as túas costas, Antón. O sexto home non esquece.

  2. Un admirador

    Sabíao! Había moitos anos que vos perdera a pista dende aquel glorioso concerto na Coruña, pero tiña a intuición de que o sentido do humor desta páxina estaba intimamente ligado co voso estilo musical característico: as letras satíricas, o ritmillo vacilón, o gafapasta lucíndose no órgano, o dire machacando a batería e o Pequeno Beattle desgañitándose, para logo saír nos potes promocionais tan ben peinadiños, coa gravata impecable.
    Adorables Breogáns, se algún día ides máis aló destes mundos virtuais e volvedes pisar un escenario, contade na primeira fila coa miña presenza de fan imperecedeiro.

  3. Exiliadoesquencido

    Se Xosé Crespo estivese entrenado polo CEFOU non lle tería pasado esto…

  4. Deixaivos de lerias e min o que me interesa é mais información sobre as señoritas da primeira foto. ¿Pode ser?

  5. arrieira

    non pode ser raposo, esas informacións son propiedá do señor crespo… parece mentira esta xente!
    Obviedades aparte subliñar o coqueto que é don xosé: ese pucho de pel de ¿¿¿#@&$$$$$&@#??? con súas ámbalas borliñas penduradas, ese pano vermello, a pose quak, con chupa e posición ergueita… todo un exemplar de homo lalinensis macho alfa.

  6. Isaac ben de Alongos

    Atencion amigos galpoeiros!

    1º.- Las tias no son para añadir al cocido. Son de Al Qaeda y las tetas no son ni reales ni de silicona. Son de Goma 2 con detonadores de presion.

    2º.- La foto con gorro siberiano fue tomada cuando era entrenado por el CEFOU en la sierra do Invernadorio.

    3º.- El “quad” es una hormigoinera camuflada para alicatar el “LIC” de “Catasos”.

    4º.- La foto de la banda de musica tampoco es lo que parece. Es Crespo y baltarin con la banda de los cuatro (Pekin . 1.976)

    5º.- Como todo el mundo sabe “Os Breogans” quiere decir: ¡VIVA O CEFOU! en chimo cantones.

    La proxima vez consultarme antes de dar un golpe de mano. Soy ex agente doble KGB – MOSSAD con categoria de TECOL (Teniente Coronel) y ahora soy consultor de operaciones especiales “free lance” Trabajo para Carlos Marcos sin dedicacion exclusiva. Tengo cierta disponibilidad.

  7. Pingback: XUNTOS, BAIXO A DESBROZADORA « Galpón de Breogán

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s