NOS GUSTA CARLOS MARCOS (la-la-la)

Por Antón Fraguas

Como nos gusta Carlos Marcos. Personaxes como el conseguen que a política sexa algo divertido. Sobre todo cando semellaba que A Coruña ía converterse nun lugar serio, coa marcha de Opaco, unha cidade sen pallasadas, sen demagogos, sen mentiras. Pero chegou Marcos, publicista, coas súas ocorrencias e os seus millóns, e comezou a repartir pulseiras, e a citar a Manu Chao, e a denunciar o mal que o pasan os castelanfalantes, agochados nos seus ghettos. Din que na Coruña os castelanfalantes só saen polas noites, para recoller algo de comida e regresar aos seus refuxios sen ser vistos. E está ben que sexa un nacionalista galego como Carlos Marcos (é candidato dun partido que se define como nacionalista galego) quen veña salvalos.

E logo están os “Míticos 70”. Jeanette, Tony Ronald, Miki e Lorenzo Santamaría ao rescate de Carlos Marcos, que aspira a entrar no top10 dos candidatos máis frikis, en dura competencia con Yola Independiente Liberal. Pero seica o peor non é que vaia traer a estas vellas glorias, transformadas igualmente en frikis por obra e graza de Gran Hermano Vip e Vivo Cantando. O peor, segundo me comentan, é que en realidade Carlos Marcos contrátaos todos os anos para celebrar o seu cumpreanos. Desta vez simplemente converte unha festa privada nun espectáculo publico e electoral. Supoño que o concerto pecharase co La-La-La de Massiel.

Algo raro pasa na Coruña. Dende hai moitos anos. Xa nos setenta (Grazas, Berto, por colgar este tesouro) os carteis electorais eran peculiares. Por exemplo o de Menéndez, candidato de UCD en 1979, que anunciaba a necesidade de que A Coruña tivese un “alcalde urbanista”. Iso si que era sinceridade, en pleno auxe da especulación urbanística, hoxe revisitada.

E é que as cidades galegas son peculiares, e se cadra A Coruña moito máis. Unha cidade na que ninguén é forasteiro, sobre todo se se trata dun empresario.

13 Comentarios

Arquivado en Municipais, Política, Urbanismo

13 respostas a “NOS GUSTA CARLOS MARCOS (la-la-la)

  1. elric

    ESPAÑOLIIIISSSSTA, ESPAÑOLIIIIISSSSTA, NON DISIMULES O TEU AUTOODIO ATACANDO Á DEREITA. TODOS SABEMOS QUE ÉS CORUÑÉS, AXENTE DA CIA, DO CNI, DO MOSSAD, AMIGO DE PACO VÁZQUEZ, E VAS VOTAR POR CARLOS MARCOS!!!!!

  2. Arroutadeiro

    Todo isto está moi ben…¡¡¡pero queremos máis posts de Uxío!!!
    ¿Ou que pasa,que ti tamén estás a soldo do Mossad?

  3. Pois verás, é que como aquí ninguén se pon de acordo sobre si é anatema rirse de Ugío ou non, sobre si temos ou non que facer coñas sobre a que morreu en Afganistán para ser os máximos iconoclastas do país, nin sobre si somos ou non un grupo de ultradereitistas famosos e confidentes policiais, decidimos escribir sobre o que nos dea a gana (política da casa) e agardar ó próximo intento de fuga. 🙂

    E, sobre o tema, dis que os castelán-falantes da Coruña reúnense todas as noites nos garitos pachangueiros do Orzán para aparearse, porque son dos poucos lugares da cidade onde non os corren a paus nada máis velos. Terrible, ¿non si?

  4. fer

    Carlos Marcos é um corunhês sem complexos, com esse cheiro a naftaleno, camisa engomada e “regionalismo gallego no paleto”….

  5. fer

    Eu escuitei que ha umha rede de túneles por Juan Flores onde os castelhanoparlantes tenhem as suas residências e podem levar umha vida tranquila protegidos das razzias dos galegos anti-L….

  6. Non son nacionalistas, son galeguistas e a definición moderna deste termo non a ten a RAG,
    “El galleguismo.El presidente de los populares aseguró que su partido defiende un galleguismo reformista. Según Feijóo, un galleguista es un gallego que tiene un profundo amor a lo suyo dentro de lo de todos, que es España.”
    http://www.elcorreogallego.es/index.php?idMenu=130&idNoticia=136557

    Antiga definición da RAG:
    galeguismos.m. 1. Afección a Galicia que se funda na defensa e mellora dos aspectos políticos, sociais
    e culturais que constitúen a súa identidade nacional. O seu galeguismo quedou demostrado polos seus feitos a prol do país. 2. Doutrina política baseada neses principios. Teoría do galeguismo. CF. nacionalismo. 3. Ling. Construcción ou vocábulo propio da lingua galega. O pronome de solidariedade é un galeguismo. 4. Ling. Xiro, vocábulo ou modo de falar propio da lingua galega empregado noutra lingua como préstamo. ‘Morriña’ é un galeguismo no castelán.
    http://www.edu.xunta.es/diccionarios/index.html

  7. Pero nos seus documentos internos este PG (o de Soto) define a Galicia como nación, e se autodefine como un partido nacionalista galego. Outra cousa é a política que execute. En Vigo, e sobre todo na Coruña.
    Por certo, creo que vin un castelanfalante o outro día en María Pita, pero foi inmediatamente reducido.

  8. Rulas

    Preparadeos talibans do galego, sois unos ignorantes, y os devolveremos a vuestro entorno: el establo

  9. gardian do burgo do faro

    Lamentable este tipo de ataques indiscriminados e inxustificados. sobre xente q obviamente nos coñecedes. Basta xa!! de crispación e separatismos politicos busquemos a paz social. e q cada un fale no que lle pete. sen seres desprezado ou obxeto de mofa por iso..seca galego castelan portugues ou ingles a xente e sociede teñen q estar por riba.VIVA GALIZA!!E O GALEGISMO MODERADO.REPITO MODERADO

  10. Elric

    Cona, xa tedes comentarios en bilingüismo harmónico. Cabreastes a outro sector máis.

    Por certo, toda a miña solidariedade cos milleiros de castelanfalantes perseguidos e humillados na Coruña, Vigo e demais urbes galegas…

  11. Fredegario

    Como coruñés, castellano – parlante y aficionado a lo bizarro, estaría dispuesto a votarle al PG si incluyesen en su “guateque” a Encarnita Polo: “Camino de Sevilla, Paco, camino de Sevilla, Paco, Paco, Paco, Paco…”
    Freedom for Eugene!

  12. antonfraguas

    A ver. Agora toca cabrear ao PSOE e ao Bloque. Parece mentira. De verdade, nunca pensei que habería algún seguidor de Carlos Marcos. E de verdade, nunca pensei que a falta de humor e de capacidade de rirse dun mesmo chegase a tales niveis neste país. Hai moito traballo que facer e moita xente que escandalizar

  13. Isaac ben de Alongos

    ELRIC: Te pille!!!!!!!! Eres del Couto. Tus giros idiomaticos – armonicos te delatan.

    Por cierto. ¿Sabes donde puedo conseguir Licor cafe de confianza sin que me endrojen con metilico?

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s