É o porco celta o causante dos incendios do verán?

Polo Parvo de Cela

Segundo recolle o diario en galego de referenza mundial uns veciños de Beariz crian porcos de raza celta para limpar e rozar os montes e, deste xeito, previr os incendios forestais. En Galpón coñecemos dende hai tempo a siniestra existenza da ASOPORCEL, Asociación de Criadores de Gando Porcino Celta, e a súa maléfica influenza. A pesar de que dende a súa web apúntase a que son unha pacífica ogranización adicada á promoción e defensa deste porco animal a ninguén con dous dedos de frente se lle escapa que o seu verdadeiro obxectivo é o dominio global a través da manipulación xenética.

O plan resulta evidente: provocar unha vaga de lumes que aterroricen á poboación galega e ofrecer unha solución en apariencia rendible e sustentable. Estes primeiros porcos simplemente axudarían no rozamento dos montes gozando do favor popular. A raíz deste éxito e de xeito paralelo á mellora das técnicas de selección xenético, os animais irían adquirindo habilidades de maior complexidade coma limpar a casa ou tocar ao piano. Nunha fase serodia do programa a Xunta plantexarase a súa contratación coma persoal laboral nas diferentes consellerías. Nun escaso lapso de tempo faríanse cos cartos públicos de Galicia e, polo tanto, co poder absoluto.

Durante a comisión de investigación sobre os incendios forestais acusouse a todo colectivo e individuo galego da catástrofe: PP, Bloque, construtores, madereiros, paisanos, pirómanos… Sen embargo nunca se chegou a unha conclusión sobre os causantes dos lumes. O nome da ASOPORCEL nunca saíu á luz. ¿Por que? A organización conta con moitos recursos. É vox populi que políticos dos tres partidos están financiados por esta man negra que se cerne sobre a humanidade. Os medios de comunicación, sempre receptivos ao soborno incuberto ou descuberto, calaron vergoñentas leis que favorecen claramente os experimentos frankesteinianos da ASOPORCEL. Por outra banda a organización non ten reparos en empregar os métodos máis repugnantes para facer calar aos seus disensores. Son prácticas habituais o secuestro, a mutilación, a tortura e, por suposto, o asasinto. Diversos asesores de seguridade das ditaduras surafricana e chilena veñen de ser nomeados altos cargos diretivos da Asoporcel. Vixiade os vosos pasos.

15 Comentarios

Arquivado en Catástrofes

15 respostas a “É o porco celta o causante dos incendios do verán?

  1. A ver se os conselleiros e demáis son porcos celtas disfrazados

  2. NONSOLUMSEDETIAM

    Non vos lembrades do porco Celidonio que se presentou para reitor da USC? A cousa ven de lonxe. Hai que ter coidado, están por todas partes…

  3. Ceferino

    Beariz… iso e Ourense…

    Ourense e o feudo da CEFOU

  4. E eu vivindo tan tranquila, incosciente da man…pata negra que se cerne sobre todos nós. Acabaremos coma no libro de Orwell?

  5. Sen dúbida, o CEFOU tamén está no allo. Os perigos arrodéannos, camaradas. Seguide vixiantes.

  6. frouxeira

    Lembrai que o alcalde de Beariz é o único cargo público que sobrevive na súa cadeira dende o tardofranquismo. E, por suposto, sigue adicándolle misas ao caudillo cada 20 de novembro. Todo un verábel ancián gardián da tradición. Vixiade o que comedes. Se non é porco 100% hormonado facédevos un lavado de estómago. Algo natural non debe ser bo para a saúde.

  7. Anónimo

    Recomendado por http://galicia-liberal.lastinfoo.es/20070302-galpon-de-breogan.html
    “Galpón de Breogán”
    Galicia Liberal (Enviado por: F. Salinas) 02/03/07, 00:45 h

    Hemos encontrado una blog que les recomendamos encarecidamente a todos esos de ciertos partidos que se dedican a hacer blogs para “mayor gloria de sus caudillos”.

  8. antonfraguas

    Que vergonza estou sentindo. Creo que ademais de ser supostos “liberais” (por iso votan en contra da Lei de Identidade Sexual), estes non entenden a retranca, e están tan afeitos a insultar con demagoxia e grosería, que cando alguén emprega o humor e a parodia para falar de política, xa pensan que está do seu lado.

  9. Exiliadoesquencido

    ESPAÑOOOOOOOLIIIIIIIIISSSSSSSSSSTAAAAAASSSSSSSSSS, QUE VOS RECOMENDA GALICIA LIBERAL E NON COMO ARROUTADA, QUE VOS AMEAAAAAAAAAAAAAAAAZZZZZZZZAAAAAAAAAAAAA

    jeje, manda güevos

  10. frouxeira

    O Padriño: “ten preto aos teus amigos, Michael, pero ten aínda máis preto aos teus inimigos”.

    Somos unha “web plural” (coma se iso fose motivo de fachenda), e atraemos a trolls de tódalas ideoloxías.

    Será que o sentido do humor non entende de política?
    Non sei eu se a nosa identidade secreta como grupo de extrema dereita colaboracionista dos xpañois invaxores nos está gañando máis amigos que inimigos

    Vergoña, moita vergoña

  11. Xa non o podedes disimular. Sodes uns “liberais”. E a min que me gustaba este blog… Non vos agachedes, que sabemos que sodes todos militantes de Nuevas Generaciones.

  12. ¡Mimá! Galpón de Breogán, o único blog que se adapta á túa ideoloxía preferida/destestada. Estamos abertos a todas as interpretacións.

  13. Soares Channel

    Eu creo que non é “Asoporcel” é “A Soporcel” unha celulosa portuguesa (www.portucelsoporcel.com) que esta a pretender usalos porcos como punta de lanza dun ataque para inzar de Alcolitros asasinos como ben diría a conselhería da metade do rustico (o do medio rural).

  14. Pingback: Problema matemático « Galpón de Breogán

  15. Elvira García

    Non vos deixedes enganar por tanto liberal e nacionalista, pero que non defende os nosos productos da terra, orgullo dos nosos ancestros. Esto sí que é terrorismo e dictadura!!!

    Eu merco porco celta dende hai tempo e é unha maravilla e un orgullo para nós, os galegos, ter un producto de tantísima calidade, ¡é excepcional!.

    Eu, como galega, parece unha vergoña que se parodie un tema tan serio que en Galiza vimos de defender , o esforzo por perpetuar as nosas razas autóctonas. E inconcebibel que os galegos estemos sempre infravalorándonos e ríndonos de nos mesmos e que teñen que vir de fora para apreciar os nosos productos.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s