PARQUE TEMÁTICO ASTANO

Por Antón Fraguas

2011. Benvidos todos ao Parque Temático Astano. Moito criticamos a Touriño hai anos, cando se negou a que o estaleiro de Fene volvese construír barcos. Mira que se emperrou, e con el todo o PSOE, IU, UGT, CC.OO e até El País. ¿Lembrades? E ao final resultou que Touriño, por unha vez, tiña un plan. O plan consistía en converter Astano nun parque temático, un parque de atraccións. ¿Para que construír barcos podendo atraer o turismo?

A miña atracción favorita é a randeeira xigante que fixeron no guindastre de Astano. Que ben o pasamos montando nela, a min danme náuseas sempre, pero dáme igual, sempre repito. Gústame tamén a parte cultural, na que podes visitar unha reprodución dun barrio obreiro. É de cartón-pedra, claro está. Os obreiros desapareceron da comarca hai moitos anos. Mellor así. Ademais, na entrada danche un buzo azul. É o uniforme oficial, igual que as orellas de Mickey que che dan en Disneylandia.

Outra das atraccións consiste nunha roda á que dás voltas. Na roda están escritos nomes de lugares: Canarias, Madrid, Catalunya, Gran Bretaña, Baleares, Portugal… Dependendo de onde pare a roda, podes ir traballar a un deses lugares. Tamén hai un estanque no que se pode xogar con plataformas off-shore teledirixidas. Houbo quen meteu un barco, pero non durou moito. Veu un comisario da Unión Europea e vetouno.

Que ben fixo o PSOE en 2007 en vetar a construción de barcos na Ría de Ferrol. Que ben o pasamos agora no Parque de Atraccións de Fene.

14 Comentarios

Arquivado en Astano, Ferrol

14 respostas a “PARQUE TEMÁTICO ASTANO

  1. Fredegario

    Desde que oí que iban a cerrar los astilleros “Lenin” de Gdansk (Danzig antes de 1945), cuna de ese gran sindicato católico llamado “Solidaridad”, no me sorprende nada. Es una pena que los capitalistas carezcan de sentimientos y prefieran hacer o comprar sus barcos en Corea del Sur. ¿Por qué será? ¿Falta de sentimiento patriótico?

  2. Agardo que teñan o seu merecido.

  3. Unha das cousas que o PSOE e os seus sindicatos e medios afíns non están explicando é que nos países máis ricos da Unión Europea, por exemplo Alemaña e Francia, están abrindo asteleiros privados cunha carteira de pedidos para varios anos. Que lle pregunten a Barreras. A razón é dobre: o crecemento económico mundial (nomeadamente do sureste asiático) está disparando o volume do comercio global (que se fai por mar nun 90% dos casos), e por outra banda, a feroz competencia coreana xa non é tal, pois o seu crecemento elevou tamén os soldos dos seus traballadores até os niveis europeos.
    Demanda hai, non hai vontade política de deixar construír barcos nos asteleiros da Ría de Ferrol

  4. xaveño

    Posto a facer parques temáticos, non estaría de máis facelo na provincia de Ourense,o coste sería mínimo, só habería de gastarse os cartos en facer un cercado no seu perímetro e por unhas cantas casetas con gardas nas estradas e camiños de entrada a provincia, e cobrar entrada. Desde xeito os guiris poderían vir a ollar, por unhos pocos cartos, como viviaxe fai decadas . E o lema do Parque podería ser “un canto a nostalxía do subdesenrolo”, de seguro que a volta as súas casas notarían a deferenza.Por su posto, o diñeiro xestionarialo a Excelentísima Deputación que pra eso axudo a manter todo como estaba durante anos e anos.

  5. frouxeira

    Eu vexo máis a Provincia de Ouréns como unha reserva autóctona de paisanos revirados, ao xeito das reservas indias estadounidenses. Co gallo de respectar a cultura, recluilos en terras sen recursos. Só agardo que os ourensáns teñan mellores ideas que poñer casinos no seu ermo.

  6. ja te pilharemos

    blogomillo espanhol

  7. antonfraguas

    Pois non sei que tedes contra as patacas, polo demais a canción gústame, si señor

  8. Elric

    Nun dos seus documentais, Michael Moore contaba como en Flint abrían un parque de atraccións despois do peche da General Motors. Non tiña moito éxito.

    Podían facer de paiasos Touriño, Blanco, Irisarri e o tal Xavier Carro…

  9. Anónimo

    Tamén a CIG, non o esquezamos.

  10. elric

    Pois tamén a CIG

  11. Anónimo

    É dicir, PSOE, IU, UGT, CC.OO., El País, CIG.

  12. Bender

    Yo creo que en Astano tenían que crear un Casino… Si no lo montan lo haré yo… Montaré un casino… y furcias… ¿sabéis qué os digo? paso de las furcias, paso del casino…

    Lo sé lo sé… es una trolada de la leche, pero tenía que decirla *^_^*

  13. Isaac ben de Alongos

    No. Se trata de una ofensiva del CEFOU para convatir el rojerio ferrolan. Alli ira la embajada de Ourense, y una Academia Postal.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s